O grupo de Rubén Pérez indica que nestas instalacións deberá existir «un potente Servizo de Urxencias Extrahospitalario vinculado a un Centro de Alta Resolución, manter o Bloque Cirúrxico xa existente no anexo II para Cirurxía Minimamente Invasiva, manter o Bloque de Consultas Externas e os Gabinetes de Exploracións e Probas Funcionais para mellorar a accesibilidade dos pacientes e reducir as listas de espera».
Marea tamén indica que nestes edificios deben «abrir un novo Centro de Atención Primaria que remate coa masificación dos actuais, manter o Servizo de Rehabilitación, trasladar o Centro de Orientación Familiar e crear unha Unidade de Saúde Mental que substitúa ás pechadas na Dobrada e Coia».
Evitar a demolición de edificios
Dende o grupo municipal da coalición En Marea precisan que «estase falando de converter o o anexo II nun aparcadoiro, polo que seria preciso demoler todo o que está agora construído (en perfectas condicións de uso), algo intolerable tendo en comta a falta de equipamento sanitario.
Polo tanto non terán o noso apoio se non se manteñen as características sanitarias nos dous anexos».