A Xogoteca programará actividades específicas dirixidas para nenos e permite que os pais que acoden ao ximnasio Máis que Auga poidan gozar dunhas horas á semana libres de cargas mentres fan os seus adestramentos no centro.
Con esta nova tarifa plana os pais poden dispoñer de ata dúas horas diarias de luns a venres, entre 17.00 e 20.30 horas e cun prezo de 10 euros ao mes, un custe medio de 0,50 euros a hora.
A tarifa está reservada aos pequenos que están abonados a través do abono familiar e só se aplica inicialmente na Xogoteca de Navia. Máis que Auga dispón tamén no centro de Barreiro dun espazo para rapaces, que ao igual que Navia ten unha tarifa especial para atender aos máis pequenos neste caso dispoñible dúas horas á semana.
A Xogoteca de Navia é un espazo para o ocio infantil con actividades e persoal especializado para divertir, entreter e fomentar o desenvolvemento cos pequenos de 2 a 14 anos.
Entre as actividades de ocio, Máis que Auga ofrece a abonados e non abonados a posibilidade de celebrar os seus aniversarios e nos últimos 3 anos máis de 500 rapaces celebraron na Xogoteca de Navia as súas festas.
Máis que Auga dispón dun total de 29.000 socios e abonados nos tres centros en Vigo (Barreiro, Coia e Navia) o que o convirte na cadea de ximnasios líder en Vigo e máis transversal, tanto en idades como en número de abonos familiares.