Segundo estimacións da Xunta de Galicia, 11.167 alumnos se incorporaron as aulas de educación infantil e 25.316 no caso de primaria. No que atinxe á educación especial, o número estimado de matriculados para este curso é de 346.
Centros públicos |
Centros privados concertados |
Centros privados non concertados |
|
Vigo |
10.597 alumnos |
13.055 alumnos |
142 alumnos |
Salvaterra |
729 alumnos |
0 alumnos |
0 alumnos |
Cangas |
1.547 alumnos |
602 alumnos |
0 alumnos |
Moaña |
1.484 alumnos |
0 alumnos |
0 alumnos |
Baiona |
777 alumnos |
0 alumnos |
0 alumnos |
Fornelos |
73 alumnos |
0 alumnos |
0 alumnos |
Gondomar |
921 alumnos |
121 alumnos |
0 alumnos |
Mos |
1.106 alumnos |
392 alumnos |
900 alumnos |
Nigrán |
990 alumnos |
453 alumnos |
0 alumnos |
Pazos de Borbén |
172 alumnos |
0 alumnos |
0 alumnos |
O Porriño |
1.300 alumnos |
414 alumnos |
0 alumnos |
Salceda |
8540 alumnos |
0 alumnos |
0 alumnos |
Total |
96.202 alumnos |
37.948 alumnos |
2.872 alumnos |
Inauguración do curso
Co motivo do arranque oficial do curso para os alumnos de infantil e primaria, o delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves, desprazouse hoxe ata o CEIP Canicouva na cidade olívica. Un acto institucional que realizou acompañado pola portavoz municipal del PP, Elena Muñoz, a deputada Teresa Egerique e o senador Miguel Fidalgo.
En declaracións á prensa, o representante do Goberno galego na área territorial de Vigo non pasou por alto o “boicot” do alcalde da cidade, Abel Caballero, quen estaba convidado ao acto e lonxe de desculpar a súa ausencia “contraprogramou unha visita a outro colexio”. “A falta de lealdade institucional, incluso con temas afastados da política, como neste caso o inicio do curso escolar, déixao en evidencia”, en palabras de López-Chaves.
“Goberna Vigo coma se fose un «cortijo» e considera aos vigueses os seus inquilinos”, apuntou, ao tempo no que chamou a atención sobre “a confrontación permanente na que se encontra instalado o alcalde”, en clara referencia ao seu intento de boicotear todo canto proxecto lidera a Xunta de Galicia en Vigo. Neste senso citou a Cidade da Cultura, o hospital, a intermodal ou o transporte metropolitano, entre outros.
“Mandámoslle o venres a invitación ao alcalde e aos grupos da oposición. Non foi ata o domingo cando soubemos, e non porque nolo comunicara Caballero, que tiña pensado utilizar este acto con fins políticos”, indicou o delegado. Xa para terminar, López-Chaves quixo reclamarlle ao alcalde que atenda as súas obrigacións coa ensinanza pública de conservar, manter e vixiar os centros e “non siga a incumprir as súas responsabilidades”.