• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    martes, 30 de mayo de 2023
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • Máis de 350 estudantes na busca dunha primeira experiencia laboral e 35 empresas no arranque de EmpregoInCampus

    O reitor anima ás empresas a captar o talento que agroma nas aulas universitarias
    Redacción por Redacción
    16 de Mar, 2023
    en Local
    0
    Máis de 350 estudantes na busca dunha primeira experiencia laboral e 35 empresas no arranque de EmpregoInCampus

    Estudantes en EMPREGOinCAMPIUS. / Foto: UVigo

    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    Máis de 35 empresas de todos os sectores e 350 estudantes e persoas recén tituladas rexistradas, ás que se suman moitas outras que están a pasar polas casetas sen inscribirse previamente.

    Así arrancou este xoves na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais a II edición de EMPREGOinCAMPUS, a gran cita co emprego universitario, herdeira dos foros de emprego que se viñan organizando en distintos centros, tanto do campus de Vigo coma de Ourense, e dos organizados pola propia Vicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade.

    Trátase de reunir nun único foro todas as empresas e alumnado dos distintos ámbitos e facelo no propio campus, hoxe en Vigo, e o vindeiro mércores 22 no de Ourense, onde se contará coa participación, entre outras autoridades, da conselleira de Promoción do Emprego e da Igualdade María Jesús Lorenzana.

    As casetas das empresas (Abanca,  aceites Abril, Adolfo Domínguez, Bimba y Lola, Codisoil, Coren, Decathlon, Deloitte, Garrigues, Jealsa, Ranstad,  Viña Costeira, Zendal…) e entidades participantes (CTAG, Ministerio de Defensa, Axencia Tributaria, Xunta de Galicia…) foron un ir e vir de xente ao longo de toda a mañá, tamén de autoridades, entre elas o reitor, Manuel Reigosa, que presidiu a inauguración; o concelleiro de Facenda do Concello de Vigo Jaime Aneiros; a vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade, Natalia Caparrini, e a representante do Eures Transfronteirizo Galicia norte de Portugal Teresa Ventín.

    Xuntos realizaron un percorrido polos diferentes postos guiados pola decana anfitrioa, a profesora Dolores Garza, e no que tamén participaron os demais responsables dos centros implicados na organización da feira: Francisco Torres, da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo; Mercedes Gallardo, de Bioloxía; Miguel Ángel Nombela, de Ciencias do Mar, e Ángeles Peña, de Química.

    Emprego de calidade “que axude a facer de Galicia un país máis próspero”

    Todos fixeron fincapé en que se trata dunha feira nacida para pór en contacto ás persoas egresadas e ao estudantado do último curso con empresas e institucións colaboradoras que buscan talento cualificado na UVigo, facilitándolle ao alumnado que poida coñecer de primeira man as oportunidades profesionais e contactar directamente coas persoas responsables dos procesos de selección.

    “Nós vivimos comprometidos co país galego, un país que está a envellecer, pero que tamén conta con grandes fortalezas, entre elas, o talento que xurde na nosa comunidade autónoma, que agroma nas nosas aulas, e do que estamos tremendamente orgullosos”, subliñou o reitor, facendo fincapé na importancia de que todo ese talento “deixe pouso no noso país”, ao que engadiu que “simplemente vendo o ambiente que hai aquí non me cabe dúbida de que a feira é un éxito”.

    O máis importante, segundo insistiu o reitor, é “seguir creando emprego de calidade, que axude a facer de Galicia un país máis próspero”, recalcou, intres antes de iniciar o percorrido polas casetas.

    Pola súa banda, a vicerreitora Natalia Caparrini animou aos estudantes a “perder o medo” e achegarse ás empresas para coñecer o que necesitan e presentar as súas candidaturas, algo no que tamén insistiu o concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, quen amosou a súa satisfacción porque se celebren este tipo de iniciativas na cidade “o que nos sitúa nunha posición de liderado” e, ademais de comprometerse a manter o apoio do concello, suxeriu a posibilidade de este tipo de eventos se celebren cunha maior periodicidade. Polo súa parte, Teresa Ventín, en nome do Servizo Europeo de Emprego, animounos a botar man de todas as ferramentas que teñen ao seu alcance para buscar traballo, “dentro ou fóra das nosas fronteiras”.

    Entre os asistentes había alumnas e alumnos de todas as titulacións. Jacobo, Sofía, Paula e Iago, acudiron xuntos. Están no último curso de Administración e Dirección de Empresas e non dubidaron á hora de achegarse ás casetas.

    “A feira dáche a oportunidade de falar coas empresas e escoitar a que se dedican, ademais de darche un QR para enviarlles o currículo e optar a prácticas e ofertas de emprego”, explicou Jacobo, quen se amosou moi contento de que a feira se leve a cabo na propia facultade, “facilitándoche que poidas achegarte en calquera intre”. Todos queren seguir formándose, “facer un mestrado”, pero, entretanto, “ímonos pondo ao día sobre os perfís que máis buscan as empresas, algo que  tamén nos serve de guía á hora de elixir mestrado”.

    Casetas, obradoiros, profesionais convidados…

    A feira chega tras varios días de celebración de talleres, obradoiros e conferencias sobre busca activa de emprego (test psicotécnicos, dinámicas de grupo e entrevistas de selección…), charlas que se prolongarán durante o mes de abril. Na xornada de hoxe celebráronse, ademais, presentacións ao longo de toda a mañá.

    Arrancaron ás 10.00 horas cunha charla do grupo Iberconsa, referente na pesca, transformación e distribución de produtos do mar conxelados; continuaron con outra charla na que se foron debullando as oportunidades de emprego que ofrece a Axencia Tributaria, e continuouse con empresas como Deloitte, Codisoil, Garrigues, o grupo Eulen, o Colexio de Economistas e Grant Thornton, unha das firmas líderes a nivel mundial de servizos profesionais de auditoría, consultaría de negocio e innovación e asesoramento fiscal, legal e financeiro. 

    Tags: UVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    O equipo de aeromodelismo UVigo Aerotech remata o deseño das súas novas aeronaves de competición
    Local

    O equipo de aeromodelismo UVigo Aerotech remata o deseño das súas novas aeronaves de competición

    29 de May, 2023
    A Intelixencia Artificial, a debate en Vigo: especialistas de 12 países debaten os principais desafíos xurídicos
    Ciencia y Tecnología

    A Intelixencia Artificial, a debate en Vigo: especialistas de 12 países debaten os principais desafíos xurídicos

    26 de May, 2023
    La Xunta y la UVigo conciencian sobre la función de los insectos polinizadores y la necesidad de preservarlos
    Medio Ambiente

    La Xunta y la UVigo conciencian sobre la función de los insectos polinizadores y la necesidad de preservarlos

    25 de May, 2023
    La Deputación de Pontevedra destinará 210.000 euros a la UVigo para promover la formación y la especialización
    Local

    La Deputación de Pontevedra destinará 210.000 euros a la UVigo para promover la formación y la especialización

    24 de May, 2023
    La UVigo y la USC hacen la primera evaluación a gran escala de la motricidad del alumnado de Primaria
    Ciencia y Tecnología

    La UVigo y la USC hacen la primera evaluación a gran escala de la motricidad del alumnado de Primaria

    19 de May, 2023
    A UVigo, única representante española na primeira Rede Iberoamericana de Blockchain e Ciberseguridade
    Ciencia y Tecnología

    A UVigo, única representante española na primeira Rede Iberoamericana de Blockchain e Ciberseguridade

    16 de May, 2023

    Más Vistos

    La rampa de Carral entra en funcionamiento y la nueva Porta do Sol recibe su primer árbol

    La rampa de Carral entra en funcionamiento y la nueva Porta do Sol recibe su primer árbol

    por David Lorenzo
    25 de May, 2023
    0

    La Xunta convoca a los dueños de los terrenos necesarios para construir aparcamientos en Nigrán y Moaña

    La Xunta convoca a los dueños de los terrenos necesarios para construir aparcamientos en Nigrán y Moaña

    por Europa Press
    26 de May, 2023
    0

    David Guetta ofrecerá un “espectáculo de 4 horas” en Castrelos con dos artistas invitados

    David Guetta ofrecerá un “espectáculo de 4 horas” en Castrelos con dos artistas invitados

    por David Lorenzo
    25 de May, 2023
    0

    Cortes de tráfico en Samil y en el centro de Vigo para poder celebrar el Rallye Rías Baixas

    Cortes de tráfico en Samil y en el centro de Vigo para poder celebrar el Rallye Rías Baixas

    por Redacción
    24 de May, 2023
    0

    David Guetta ofrecerá un “espectáculo de 4 horas” en Castrelos con dos artistas invitados

    por David Lorenzo
    25 de May, 2023
    0
    David Guetta ofrecerá un “espectáculo de 4 horas” en Castrelos con dos artistas invitados
    Música

    El caché de los conciertos de Castrelos de 2023 acaba de aumentar significativamente. El alcalde de Vigo, Abel Caballero, ha

    Leer mas

    El Concello de Vigo reabre toda la calle Aragón tras apurar las obras en horario nocturno

    por Redacción
    26 de May, 2023
    0
    El Concello de Vigo reabre toda la calle Aragón tras apurar las obras en horario nocturno
    Local

    La calle Aragón ha sido reabierta al tráfico en su totalidad este viernes al terminar el grueso de las obras

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR