“O que ten que facer a señora Muñoz é convocar aos vigueses para contarlles que a súa intención é que, cos seus impostos, se sufraguen as viaxes que os cidadáns de Mos fagan en autobús por Vigo”. Insistiu Losada na necesidade de que Muñoz explique á xente de Vigo cara a cara porqué quere que pague a cidade o que lle corresponde pagar á Xunta de Galicia.
Na súa opinión, Elena Muñoz, unha vez máis, defende “á Xunta frente a Vigo porque para iso foi elixida como presidenta do PP local, con apoio de Feijóo e de Rueda, para que Feijóo invite e Vigo pague”. Elena Muñoz, prosigue o parlamentario, permanece “na política de hai 20 anos cando se menospreciaba Vigo e non pasaba nada”. Agora, rematou Losada, hai un goberno municipal que defende Vigo e os seus intereses.