• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    miércoles, 29 de marzo de 2023
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • A CIM-UVigo, sede da recén creada Sociedad Española de Criobiología

    Esta disciplina estuda os efectos das baixas temperaturas en materiais ou sistemas biolóxicos
    Redacción por Redacción
    17 de Mar, 2023
    en Local
    0
    A CIM-UVigo, sede da recén creada Sociedad Española de Criobiología
    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    Con sede no Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo e coa científica Estefanía Paredes como presidenta fundacional, nace a Sociedad Española de Criobiología (SECrio), entidade que pretende agrupar unha ampla diversidade de profesionais con intereses neste ámbito de coñecemento que estuda os efectos das baixas temperaturas en materiais ou sistemas biolóxicos.

    Detrás do nacemento desta nova sociedade está un grupo de investigadores da Universidade de Vigo, Universitat Autònoma de Barcelona, Universitat de València, Universitat Politècnica de València, Universidad de Sevilla, Consejo Superior de Investigaciones Científicas, Instituto Valenciano de Investigaciones Agrarias e a empresa Overture Life.

    O obxectivo é que se converta nun foro de intercambio de coñecementos entre profesionais e estudantes de diversas áreas científicas, tecnolóxicas e industriais que estudan os sistemas biolóxicos a baixa temperatura ou empregan as técnicas de criobioloxía para o seu traballo. Estes intercambios e colaboracións entre expertos repercutirá tamén, explican dende a sociedade, “no aumento do coñecemento fundamental e o desenvolvemento aplicado da criobioloxía no noso país”.  

    A xuntanza fundacional tivo lugar este mes e nela nomeáronse os membros da directiva, que estará coordinada pola investigadora do CIM-UVigo Estefanía Paredes. A científica explica que “o nacemento desta sociedade é algo que persoalmente levaba xestándose na miña cabeza un tempo, era algo que tiña comentado con outros investigadores que era necesario desenvolver”.

    Finalmente, o ano pasado no marco do congreso da Society for Cryobiology, os investigadores españois participantes concretaron nunha xuntanza “os beneficios científicos de formar unha sociedade española e decidiron que me apoiarían se me lanzaba a dar os primeiros pasos, e así foi”.

    Sobre o equipo directivo, Paredes recalca que se trata dun “grupo fantástico de científicos con moita experiencia nacional e internacional”, sen cuxa disposición “non estaría hoxe aquí. Despois de tanto tempo, ver a Sociedade Española de Criobiología ser unha realidade é moi satisfactorio”.

    Sede no CIM-UVigo

    Esta sociedade nace intimamente ligada á Universidade de Vigo, xa que ademais de recaer a  dirección en Estefanía Paredes, a súa sede estará no CIM-UVigo, concretamente nas instalacións da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, Ecimat.

    “Xa somos internacionalmente coñecidos coma autoridade de coñecemento en criobioloxía aplicada a organismos mariños”, recoñece Paredes, pero que a sede estea aquí “é moi positivo para a visualización do CIM a nivel nacional, para a atracción de talento para colaboracións e para facilitar o acceso a financiación”.

    Ademais, engade, o centro da Universidade de Vigo será “o nodo central para comunicación e interacción dos membros da sociedade e isto sempre enriquece a comunidade científica. Penso que vai ser moi positivo”.

    Unha vez culminado o proceso de creación da sociedade e coa vista posta no curto e medio prazo, os seus impulsores agardan que esta entidade sirva para “crear comunidade, facilitar o contacto entre científicos e fomentar a posibilidade de colaboracións; vemos a sociedade coma unha plataforma que vai permitir a diferentes científicos cun interese común compartir os seus resultados, discutir retos e identificar novas oportunidades de investigación.

    Unha nova sociedade científica pode achegar a investigadores de diferentes disciplinas e facilitar a colaboración interdisciplinar e innovadora”. Ademais, explican, “queremos dar soporte aos investigadores novos de construír a súa rede de colaboradores, facilitar estancias ou publicitar emprego especializado. Finalmente, a sociedade tamén ten coma obxectivo visibilizar o noso traballo e a súa utilidade para a sociedade”. 

    Que é a criobioloxía?

    Dentro do ámbito da criobioloxía inclúense tanto os estudos de sistemas sometidos a calquera temperatura entre 0 °C e o cero absoluto (-273,15ºC) como aqueles que se atopan por debaixo do seu rango fisiolóxico, dende a hipotermia moderada ata condicións de hibernación. 

    En criobioloxía realízanse estudos básicos de procesos biolóxicos ou fisicoquímicos asociados ás baixas temperaturas que contribúen á xeración de coñecemento, así como o desenvolvemento de aplicacións prácticas que contribúen á investigación e o desenvolvemento.

    Ademais, explican dende SECrio, existen técnicas criobiolóxicas como a criopreservación que son moi empregadas para a conservación de diversos materiais biolóxicos como espermatozoides, óvulos, embrións, sementes, esporas, bacterias, proteínas, etc. por períodos de tempo moi prolongados. Porén, dende a sociedade recalcan que exclúen do concepto de criobioloxía e do seu alcance “a crioxenia humana no sentido da crioconservación de seres humanos e animais despois do seu falecemento coa esperanza da súa resurrección futura”.   

    Tags: CIMUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    A UVigo estrea bolsas de desprazamento para alumnado que realiza prácticas curriculares
    Local

    A UVigo estrea bolsas de desprazamento para alumnado que realiza prácticas curriculares

    29 de Mar, 2023
    Vigo acollerá por primeira vez o Congreso Europeo de Lingüística Sistémica Funcional
    Local

    Vigo acollerá por primeira vez o Congreso Europeo de Lingüística Sistémica Funcional

    24 de Mar, 2023
    A Universidade de Vigo dótase dun novo Portal da Investigación e convérteo en escaparate da súa actividade científica e de transferencia
    Local

    A Universidade de Vigo dótase dun novo Portal da Investigación e convérteo en escaparate da súa actividade científica e de transferencia

    22 de Mar, 2023
    Ortiga e Dani, dobre aposta pola música feita en Galicia no Sonora ‘2.3
    Local

    Ortiga e Dani, dobre aposta pola música feita en Galicia no Sonora ‘2.3

    21 de Mar, 2023
    Máis de 350 estudantes na busca dunha primeira experiencia laboral e 35 empresas no arranque de EmpregoInCampus
    Local

    Máis de 350 estudantes na busca dunha primeira experiencia laboral e 35 empresas no arranque de EmpregoInCampus

    16 de Mar, 2023
    Investigadores da UVigo participan nun proxecto europeo para mellorar a seguridade das comunicacións
    Local

    Investigadores da UVigo participan nun proxecto europeo para mellorar a seguridade das comunicacións

    15 de Mar, 2023

    Más Vistos

    El Centro Comercial Camelias sigue imparable en la inauguración de nuevos locales de comercio local

    Inauguración en Camelias con música, baile y muchas caras conocidas

    por Redacción
    26 de Mar, 2023
    0

    Esta fotografía corresponde a la ciudad de Vigo, pero no se trata de una zona rural, sino de una zona urbana rodeada de calles muy transitadas, una zona próxima a grandes plazas.

    En el medio de la ciudad de Vigo

    por Julio Alonso
    25 de Mar, 2023
    0

    Una nueva vida para la tienda de Adelina en Vigo: “Fue una corazonada”

    Una nueva vida para la tienda de Adelina en Vigo: “Fue una corazonada”

    por Vanesa Vázquez
    25 de Mar, 2023
    0

    Esta imagen resulta bastante habitual en la ciudad de Vigo. Los conductores se saltan las normas con enorme facilidad y no pasa absolutamente nada.

    En Vigo todo vale

    por Julio Alonso
    26 de Mar, 2023
    0

    Cinco planes de última hora para viajar desde Vigo en Semana Santa

    por Redacción
    28 de Mar, 2023
    0
    Lagoa das Sete Cidades, São Miguel, Azores.
    Viajes

    La Semana Santa ya está ahí y aunque lo de encontrar “chollos” de última hora está complicado, aún se puede

    Leer mas

    Una nueva vida para la tienda de Adelina en Vigo: “Fue una corazonada”

    por Vanesa Vázquez
    25 de Mar, 2023
    0
    Una nueva vida para la tienda de Adelina en Vigo: “Fue una corazonada”
    Local

    Hacía ya tiempo que Mayra buscaba una oportunidad para tener su propio negocio y la suerte quiso que su destino

    Leer mas

    Una fiesta con “dos mitades”: así será el tiempo en Vigo durante los días grandes de la Reconquista

    por David Lorenzo
    29 de Mar, 2023
    0
    Una fiesta con “dos mitades”: así será el tiempo en Vigo durante los días grandes de la Reconquista
    Local

    El pronóstico del tiempo para los días grandes de la Reconquista de Vigo lleva días titubeando. La previsión apuntaba inicialmente

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR