• VigoÉ
  • MAPA de Contagios y Restricciones Vigentes

    Consulta los mapas de contagios y restricciones covid en Galicia.
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    jueves, 4 de marzo de 2021
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    covid-19

    Investigadores de Vigo, Santiago, Aveiro e CSIC xa ven «a luz ao final do túnel» do Covid-19 en Galicia

    Resaltan a asimetría das curvas, xa que os casos suben rapidamente pero descenden con máis lentitude. O seu modelo de propagación do virus predixo a imposibilidade de celebrar as eleccións autonómicas
    Redacción por Redacción
    14 de Abr, 2020
    en Covid-19, Local
    0
    Investigadores de Vigo, Santiago, Aveiro e CSIC xa ven «a luz ao final do túnel» do Covid-19 en Galicia

    Muertos por millón de habitantes por comunidades autónomas en España. / Gráfico: Jorge Alonso (http://covid-es.simplesite.com/) con datos del Ministerio de Sanidad y el Instituto de Salud Carlos III

    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    O equipo de investigadores das universidades de Vigo, Santiago de Compostela e Aveiro que realizou un modelo matemático que permite predicir a evolución da COVID-19 considera que xa se comeza a ver “a luz ao final do túnel”. Os profesores Iván Area (UVigo), Juan J. Nieto (USC), Delfim Torres (Universidade de Aveiro) e o estudante de doutoramento Faïçal Ndaïrou, aos que se acaban de sumar Jorge Mira (USC) e Luís Seoane (IFISC, UIB-CSIC), continuaron coas súas análises baseadas nos datos da realidade chinesa e confirmaron que o seu modelo preditivo serve perfectamente para explicar a evolución en Galicia. 

    O equipo comezou a traballar neste modelo para describir a propagación do virus a mediados de xaneiro, cando se coñeceron os primeiros casos de infectados en China. “Rematamos o modelo o 11 de febreiro, e fomos quen de modelizar tanto o número de persoas infectadas como o de persoas falecidas, que é unha cuestión dunha altísima complexidade», explican. Cando comezaron os casos en Europa, lembran, “fixemos unha advertencia o día 4 de marzo, precisamente o día do primeiro positivo de coronavirus confirmado en Galicia”. Láianse de que nese momento non se tomaron en serio as súas predicións, “tentamos facer de capitán a priori, pero con pouco éxito».

    Pero dende ese momento seguen actualizando os datos que proporciona o Goberno para comprobar como se axustaba a curva do modelo á evolución da pandemia en Galicia e constatar como, efectivamente, son moi semellantes, o que lles permite ser optimistas sobre un posible escenario sen novos casos en Galicia. Explican que, de acordo cos datos que manexan, existe unha asimetría das curvas que reflicten o aumento e o descenso do número de persoas infectadas, xa que a velocidade na subida do número de casos “é moito maior que no descenso”. Son curvas asimétricas, o que significa que se tardamos 25 días en atinxir o número máximo diario de persoas infectadas, o esperable é tardar 45 días desde ese máximo en reducir o número de persoas infectadas a cero», apuntan. «O final da pandemia non chegará ata que pasemos moitos días sen ter novas persoas infectadas e iso aínda está moi lonxe. Polo de agora non convén permitir reunións de máis de 40-50 persoas para ter certo control no caso de que comece un novo brote».

    Diferencias territoriais na propagación

    Casos diarios en Galicia. / Gráfico: Jorge Alonso (http://covid-es.simplesite.com/) con datos del Ministerio de Sanidad y el Instituto de Salud Carlos III

    Os datos achegados polos investigadores refírense a Galicia e fan fincapé nas diferencias territoriais nos modelos de propagación da pandemia. «Un exemplo visual das condicións iniciais é pensar en Usain Bolt, quen corre os 100 metros en 9.58 segundos. Iso é unha media de 10.43 metros por segundo. Pero se nos fixamos na velocidade instantánea cando está aproximadamente no metro 60 ou 70 veremos que aí a velocidade chegou a ser de case 12.5 metros por segundo. Cando comezou a pandemia Galicia, afortunadamente aínda estaba facendo exercicios de quecemento, nin sequera estaba nos tacos de saída”. Completamente distinta era a situación, por exemplo, en Madrid, lembran, “ onde a propagación era moi intensa”. O confinamento a partir da declaración do estado de emerxencia sanitaria o venres 13 de marzo e do estado de alarma en todo o territorio español ao día seguinte, engaden, «rebaixou os contaxios, pero non é o mesmo comezar a baixar interaccións cando boa parte da poboación está infectada a cando o número de persoas infectadas é baixo». Neste sentido, engaden que o transporte público e outras aglomeracións de xente de determinadas cidades foi “un factor fundamental no rápido crecemento do número de persoas infectadas».

    Non pasar do confinamento á festa

    Respecto de como afrontar o proceso de desescalada, o equipo investigador alerta de que “non podemos pasar do confinamento á festa dun día para outro, ten que ser progresivo e tentar evitar que se produzan novos brotes internos». No que respecta á situación en Galicia, valoran como unha vantaxe o feito de ser un territorio historicamente illado, xa que «a nosa xeografía e as dificultades de comunicación históricas -e que aínda se manteñen- xogou ao noso favor: a pandemia chegou máis tarde e puidemos aproveitar todo o coñecemento médico que se desenvolveu, por exemplo en Italia, para mellorar o tratamento dos pacientes. Iso redundou en que comezamos o illamento antes de ter unha propagación hipermasiva, en que os casos de UCI foron chegando pouco a pouco, e en que co coñecemento médico foi posible unha redución nos tempos de UCI que redundou en non saturar estas unidades». 

    Unha análise semanal a unha mostra aleatoria

    O grupo investigador suxire empregar unha metodoloxía semellante á das enquisas electorais para determinar o alcance real da pandemia. «Pensamos que cunha análise semanal a unha mostra aleatoria simple da sociedade galega teriamos unha fotografía moito máis exacta do alcance da pandemia, pois permitiría saber quen padece a enfermidade e quen a superou, incluso de xeito asintomático». En todo caso, son conscientes da dificultade desta medida polo escaso número de tests dispoñibles, pero sosteñen que “ é algo que si que se debería valorar cando cheguen os tests, analizar quen a tivo e quen a ten» .

    Con todo, os expertos alertan de que unha pandemia coma esta se vaise repetir no futuro e cun impacto maior. «Este virus aínda non foi ‘o virus’; algún día teremos un problema moito máis intenso que teremos que resolver”, subliñan. De feito, sosteñen que cientificamente o que se fixo “foi un auténtico disparate, pois non temos datos o suficientemente fiables como para saber que pasou, e esa información é vital de cara a poder frear outra(s) pandemia(s)».
     

    Gráfico: Jorge Alonso (http://covid-es.simplesite.com/) con datos del Ministerio de Sanidad y el Instituto de Salud Carlos III

    Tags: AveirocoronavirusCovid-19CSICSantiagoUniversidade de Vigo

    RelacionadosArtículos

    Telefónica y UVigo muestran la aplicación del 5G a la producción de vídeo y al coche conectado
    Ciencia y Tecnología

    Telefónica y UVigo muestran la aplicación del 5G a la producción de vídeo y al coche conectado

    04 de Mar, 2021
    Solo siete concellos del área de Vigo han tenido más de 10 contagios en la última semana
    Covid-19

    Vigo, Mos y Moaña lideran el descenso de la pandemia en el área sanitaria mientras Redondela empeora

    04 de Mar, 2021
    Vigo sale en estampida para disfrutar de un día primaveral en playas, parques y terrazas
    Covid-19

    Mejoran todos los datos en el área sanitaria de Vigo, incluidos los ingresos, aunque a menor ritmo

    04 de Mar, 2021
    El aeropuerto de Vigo volvió a perder tráfico en febrero
    Covid-19

    Vigo registra el único caso gallego de cepa sudafricana y la cuarentena ya afecta a pasajeros de vuelos de 12 países

    04 de Mar, 2021
    Médicos de VithasLab alertan de que no todos los pacientes que superaron Covid-19 generan inmunidad
    Covid-19

    Médicos de VithasLab alertan de que no todos los pacientes que superaron Covid-19 generan inmunidad

    04 de Mar, 2021
    Sanidade empieza a vacunar al profesorado vigués este mismo martes en el Álvaro Cunqueiro
    Covid-19

    Galicia recibirá esta semana 30.000 dosis de la vacuna de AstraZéneca

    03 de Mar, 2021

    Más Vistos

    Vigo ya tiene su esquela más irreverente para la colección de despedidas «diferentes»

    Vigo ya tiene su esquela más irreverente para la colección de despedidas «diferentes»

    por Redacción
    27 de Feb, 2021
    0

    Las obras para unir el Centro Vialia con Vía Norte cortarán el tráfico en la zona durante un mes

    El Centro Vialia de Vigo anuncia la llegada de cuatro nuevas firmas

    por Redacción
    01 de Mar, 2021
    0

    Ramos se lleva los secretos de sus roscones a Teis

    Ramos se lleva los secretos de sus roscones a Teis

    por Julio Alonso
    28 de Feb, 2021
    0

    El área sanitaria de Vigo marca un récord de contagios nuevos tras superar las 2.100 PCRs

    La mejoría en el área de Vigo permite abrir Redondela, Moaña y Oia, pero sus malos datos cierran Mos, Mondariz y Pazos

    por Redacción
    02 de Mar, 2021
    0

    La receta de BonPollo

    https://www.youtube.com/watch?v=1dBLoFx3G44

    Combo al volante en Vigo: conductor positivo en tres drogas, coche sin ITV y trapicheando con un peatón sin mascarilla

    por Redacción
    03 de Mar, 2021
    0
    La Policía Local disuelve una fiesta en la habitación de una residencia de estudiantes de Vigo
    Sucesos

    Sería difícil encontrar algún caso en la hemeroteca con mayor número de infracciones que las localizadas el pasado viernes por...

    Leer mas

    Solo siete concellos del área de Vigo han tenido más de 10 contagios en la última semana

    por Redacción
    03 de Mar, 2021
    0
    Solo siete concellos del área de Vigo han tenido más de 10 contagios en la última semana
    Covid-19

    El retroceso de la tercera ola de la pandemia del coronavirus se encuentra más cerca de su capítulo final. Cada...

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    ¡Bienvenido/a!

    Inicia sesión con los siguientes datos

    Recuperar contraseña

    Create New Account!

    Fill the forms below to register

    All fields are required. Iniciar sesión

    Recupera tu contraseña

    Introduce tu usuario y correo para resetear tu contraseña.

    Iniciar sesión
    ¡NO sigas este enlace o serás bloqueado en este sitio!
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necesarias
    Siempre activado

    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.

    No necesarias

    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.