Unha achega da Unión Europea grazas aos fondos Feder permitirá ao Concello de Vigo construir novos elevadores mecánicos en Vigo. Para o periodo 2016-2019, Vigo presentou unha proposta marco de 18.750.000 euros, que se sufragará ao 80% polo Feder e ao 20% polo Concello de Vigo.
Na actualidade o goberno local ten en marcha a construcción dos elevadores de Torrecedeira con Pi y Margall, San Salvador con Pizarro e Carral con Porta do Sol, pero poderá decidir se as achegas irán aos proxectos xa iniciados ou a outros futuros, posto que na solicitude mencionaba as zonas de Gran Vía, O Castro e Casco Vello.
O goberno de Vigo elaborou un documento que estipula como prioridades unha cidade intelixente (que poña en valor o concepto Smart City), integradora (máis sinxela e accesible) e sostible (que fomente e facilite unha mobilidade multimodal, procurando conciliar desenvolvemento e respectuoso co entorno).
O Concello debuxou na súa proposta unha área de actuación para os eventuais proxectos concretos a realizar, delimitada polo polos do Castro, o eixo da Gran Vía, o Casco Vello, a estación do AVE e o entorno do antigo hospital Xeral, con ramificacións a Bouzas e a Teis.
Artículos relacionados:
El Concello proyecta otras quince escaleras mecánicas y ascensores