Con esta actuación, que vai desde o punto quilométrico 2+850 ao 3+800, na parroquia de Coruxo, a Xunta pretende mellorarase a seguridade viaria do conxunto de usuarios desta vía. As obras contan cun orzamento ce case 26.500 euros e terán un prazo de execución de 2 meses.
Segundo informou este domingo a Xunta, construirase un muro de contención, concretamente no PK 2+850 (preto da nova depuradora), en zona de dominio público desta estrada, para conter o desprendemento que está a provocar a deformación do firme na zona destinada á circulación peonil e ciclista. Para executar o muro será necesario demoler parcialmente a senda, que, posteriormente, será reposta, nun tramo duns 18 metros. Colocarase tamén unha baranda nese punto para protexer o desnivel.
Así mesmo, a consellería indicou que mellorarase a intersección existente na PO-325, no punto quilométrico 3+800 (curva posterior á estación de Coruxo). Para elo, aplicarase unha capa de firme que permitirá modificar o peralte da curva e a rasante do acceso, o que facilitará os movementos de xiro para o acceso ao camiño que cruza coa estrada autonómica. Nesta imaxes pódense ver as zonas de actuación.