Foi o mércores cando axentes do grupo Viogen da Policía Autonómica de Vigo, procederon a detención dun varón por quebrantar as medidas de protección fixadas xudicialmente para a súa muller a cal tiña asignada unha orde de afastamento. O detido foi detectado polos axentes da Policia Autonómica cando estaban a realizar labores de protección da mesma. Dos feitos dáse conta ao Xulgado de Violencia sobre a muller e a Fiscalía.
A madrugada do xoves, axentes de Policía Autonómica de Santiago, detiveron a un home nas proximidades do domicilio da súa parella cando estaban a realizar labores de protección da mesma, que estaba incumprindo as medidas de afastamento fixadas por orden xudicial. O detido pasará a disposición xudicial nas vindeiras horas.