Coincidindo co encendido do alumeado de Nadal na cidade de Vigo, a Oficina de Dereitos Socias de Coia iniciou este xoves unha campaña na que reclama axudas para os vigueses que están a pasar necesidades e non poden pagar os gastos máis básicos. No video inclúense testemuñas de vigueses con serios problemas económicos e imaxes do alcalde falando da política social do goberno local.
«O 27 de novembro o Concello de Vigo encenderá 2 millóns e medio de bombillas, gastará 400.000 euros no alumeado de Nadal. Desde a ODS de Coia, en colaboración con Galiza Contrainfo, realizamos un video para denunciar a outra realidade: a das viciñas e viciños desta cidade que sofren cortes de electricidade todo o ano, tamén en Nadal», afirman.