• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    viernes, 1 de julio de 2022
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • De Trabada a San Amaro, o alumnado da UVigo aposta por un futuro laboral no rural galego

    Recibíronse máis cun cento de solicitudes para participar no programa Campus Rural. Os 14 estudantes seleccionados farán prácticas de tres meses en concellos de menos de 5.000 habitantes
    Redacción por Redacción
    26 de May, 2022
    en Local
    0
    De Trabada a San Amaro, o alumnado da UVigo aposta por un futuro laboral no rural galego

    Willkar Vale, Beatriz Felpeto e Celia Pérez son tres dos estudantes que van participar na primeira edición do programa Campus Rural. / Foto DUVI

    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    Celia Pérez estuda Ciencias Ambientais e este verán realizará prácticas profesionais nunha empresa de innovación forestal no concello de Paderne; Beatriz Felpeto é alumna do Grao en Dirección e Xestión Publica e para facer as súas prácticas elixiu o Concello de Trabada, mentres que Willkar Vale, alumno de Enfermaría, terá como destino unha residencia de anciáns no ourensán concello de San Amaro.

    Son tres dos estudantes seleccionados para participar na primeira edición do programa de bolsas Campus Rural, unha iniciativa promovida polo Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico en colaboración co Ministerio de Universidades e a Crue, Conferencia de Rectores das Universidades Españolas, no que participa a Universidade de Vigo e que lle permitirá a 14 estudantes dos tres campus, oito homes e seis mulleres, ter unha das súas primeiras experiencias laborais en pequenos concellos do rural galego.

    Ofrecíanse un total de 12 bolsas de tres meses de duración e un importe mensual de 1.000 euros brutos; cada estudante podía elixir destino entre 43 opcións de prácticas espalladas por concellos, empresas e entidades de diferentes localidades de menos de 5.000 habitantes. Recibíronse máis dun cento de solicitudes e, finalmente, seleccionáronse 14: as 12 que lle correspondían á UVigo, e outras dúas que lle foron concedidas a maiores por quedar vacantes noutras institucións.

    A convocatoria estaba aberta a todas as titulacións e a resolución definitiva das bolsas concedidas reflicte claramente que a aposta polo rural non entende de ámbitos, senón que se trata de algo transversal.  Son 14 estudantes de nove titulacións: Grao en Dirección e Xestión Pública (2), Bioloxía (2), Educación Primaria (2), Ciencias Ambientais (2), Enxeñaría Forestal (2), Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios, Enfermaría, Administración e Dirección de Empresas e Educación Social.

    Como funciona un concello por dentro

    As administración locais serán o destino de estudantes como a alumna de Dirección e Xestión Pública Beatriz Felpeto, que realizará estas prácticas no Concello de Trabada, na Mariña Oriental de Lugo. “O que me levou a participar no programa foron as ganas de ver como funciona realmente a organización interna dun concello e tentar esclarecer a que me quero dedicar cando remate o grao, así como adquirir un pouco de experiencia”, salienta a estudante, quen tamén destaca o “interesante” dun programa que lle dá a oportunidade “de achegarme ao mundo laboral e aprender máis aló de termos puramente académicos”.

    Natural doutro municipio do rural lucense como Muras, Felpeto Rodríguez non se amosa tan optimista respecto de se o Programa Campus Rural contribuirá a achegar poboación nova ao rural. “O problema é moito máis estrutural. Porén, pode ser unha experiencia enriquecedora, sobre todo para a xente de cidade, que se decatará doutras realidades sociais”, salienta esta alumna, que realizará en Trabada tarefas “de rexistro, procesamento e tramitación de documentos, tarefas relacionadas coa xestión contable e atención á cidadanía”.

    Achegarse á innovación forestal desde Paderne

    No caso de Celia Pérez, estudante do Grao de Ciencias Ambientais da Facultade de Ciencias, decidiu solicitar esta bolsa pensando en que “atopar un traballo para o verán sen experiencia previa nun área relacionada coa carreira é bastante difícil”, polo que vin nesta convocatoria unha oportunidade para facer algo relacionado coa miña titulación de maneira remunerada”. As súas prácticas serán en Orballo Innovaciones Forestales, empresa situada en Paderne e dedicada ao “cultivo e desenvolvemento de produtos responsables coa terra e os seus habitantes”, entre eles infusións e especias. “Escollín esta empresa principalmente por proximidade e pola vinculación da miña familia con Paderne”.

    Ademais, engade, “pareceume unha empresa que podería ofertarme formación que non teño e que me parece interesante, ademais de ter un perfil atractivo, xa que os seus valores están dentro do que me interesa”. Nas súas prácticas, Celia Pérez agarda “aprender moitas cousas e poder ver como funciona unha empresa destas características, xa que sería unha das miñas primeiras experiencias laborais”.

    Coidados aos maiores en San Amaro

    Willkar Vale, estudante de Enfermaría na Escola Universitaria de Povisa, elixiu como destino un centro de dia/residencia no Concello de San Amaro, comarca do Carballiño. “Por mor da pandemia non puiden facer prácticas curriculares neste tipo de servizos e estaba desexando poder facelo”, explica o alumno, ao que engade que o que máis ilusión lle fai é demostrarse a si mesmo que é un enfermeiro apto, que está preparado para o mundo laboral “ao que vou acceder en apenas un ano, cando remate a carreira e, por suposto, quedarme cunha experiencia no peto para poder aplicala en futuros escenarios, típicos e propios da enfermaría”. Vive nunha pequena aldea preto de Salvaterra de Miño, e coñece de primeira man o que supón vivir no ámbito rural, polo que, desde logo, isto non supuxo ningún freo á hora de pedir as bolsas.

    “Tanto nos centros de día como nas residencias os profesionais da Enfermaría conformamos unha parte fundamental do equipo multidisciplinar. Podémonos encargar da rehabilitación dos anciáns, darlles ferramentas que lles axuden a nivel social e psicolóxico, facer promoción da saúde e, evidentemente, realizamos técnicas propias da enfermería como pode ser a administración de medicación, a aplicación de curas, sondaxes, toma de mostras… Sempre priorizando o benestar e a calidade de vida das persoas coas que traballamos”.

    Tags: Campus RuralUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    A UVigo confírmase como a primeira administración pública galega máis transparente
    Local

    A UVigo confírmase como a primeira administración pública galega máis transparente

    01 de Jul, 2022
    O equipo de aeromodelismo da UVigo competirá na Air Cargo Challenge 2022 en Alemaña
    Ciencia y Tecnología

    O equipo de aeromodelismo da UVigo competirá na Air Cargo Challenge 2022 en Alemaña

    30 de Jun, 2022
    Relacións Laborais e Recursos Humanos terá quenda de tarde o vindeiro curso na Uvigo
    Local

    Relacións Laborais e Recursos Humanos terá quenda de tarde o vindeiro curso na Uvigo

    29 de Jun, 2022
    A UVigo súmase á Red de Universidades por la Diversidad
    Local

    A UVigo súmase á Red de Universidades por la Diversidad

    28 de Jun, 2022
    A UVigo coordina a creación dunha plataforma web para detectar datos falsos no debate político
    Medios

    A UVigo coordina a creación dunha plataforma web para detectar datos falsos no debate político

    27 de Jun, 2022
    Investigadores da Uvigo deseñan lentes de contacto que permiten detectar enfermidades
    Ciencia y Tecnología

    Investigadores da Uvigo deseñan lentes de contacto que permiten detectar enfermidades

    22 de Jun, 2022

    Más Vistos

    Un local de Nigrán y otro de Redondela, en la lista de mejores terrazas y chiringuitos para el verano

    Un local de Nigrán y otro de Redondela, en la lista de mejores terrazas y chiringuitos para el verano

    por David Lorenzo
    29 de Jun, 2022
    0

    Una recreación en 3D muestra cómo eran la Praza de América y As Travesas de Vigo con tranvías y cocheras

    Una recreación en 3D muestra cómo eran la Praza de América y As Travesas de Vigo con tranvías y cocheras

    por Redacción
    26 de Jun, 2022
    0

    Vigo se suma a la moda de las fiestas silenciosas con una noche ibicenca en Beade

    Vigo se suma a la moda de las fiestas silenciosas con una noche ibicenca en Beade

    por Redacción
    28 de Jun, 2022
    0

    Las entradas para ver a Muse y C. Tangana en Vigo saldrán a la venta “en los próximos días”

    Las entradas para ver a Muse y C. Tangana en Vigo saldrán a la venta “en los próximos días”

    por Redacción
    22 de Jun, 2022
    0

    -

    El Festival Latitudes de Vigo agota sus abonos más baratos en una hora

    por David Lorenzo
    01 de Jul, 2022
    0
    El Festival Latitudes de Vigo agota sus abonos más baratos en una hora
    Música

    Vigo ha acogido con los brazos abiertos la celebración del Festival Latitudes. Era el único evento musical, dentro de los...

    Leer mas

    Los solpores gastronómicos por la ría de Vigo vuelven con más aforo y menú actualizado

    por David Lorenzo
    01 de Jul, 2022
    0
    Los solpores gastronómicos por la ría de Vigo vuelven con más aforo y menú actualizado
    Gastronomía

    Vuelve a Vigo el evento veraniego ‘Solpor a Bocados’, organizado por la Asociación Vigo Gastronómico, que realizará el martes 5...

    Leer mas

    Abierto el plazo de ayudas para rehabilitar, comprar o alquilar vivienda

    por Redacción
    28 de Jun, 2022
    0
    Abierto el plazo de ayudas para rehabilitar, comprar o alquilar vivienda
    Vivienda

    Rehabilitación de viviendas, renovación de fachadas, o ventanas, redacción de proyectos técnicos o incluso la compra de vivienda habitual en...

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    ¡Bienvenido/a!

    Inicia sesión con los siguientes datos

    Recuperar contraseña

    Recupera tu contraseña

    Introduce tu usuario y correo para resetear tu contraseña.

    Iniciar sesión
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado

    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.

    Non-necessary

    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.

    GUARDAR Y ACEPTAR