Estes traballos prográmanse en horario nocturno, entre as 22:00 as 10:00 horas aproximadamente, para minimizar a afección aos usuarios desta estrada.
A pavimentación realizarase en zonas puntuais como na área dunha parada de autobús e tamén se reporá o firme en zonas de cruces de canalizacións e naqueles puntos nos que sexa necesario.
Trátase dunha senda que ten como finalidade mellorar a conectividade e os accesos peonís da parroquia de Navia coa avenida Ricardo Mella. Esta infraestrutura facilitará os desprazamentos cotiás dos veciños, que os poderán realizar dun xeito máis cómodo e seguro.
Este itinerario está incluído no Plan de Sendas de Galicia que, para a comarca de Vigo se traduce na execución de 9 proxectos, 12,5 km de itinerarios e un investimento de 5 millóns de euros.