O Concello de Vigo, a través da Policía Local, colabora coa Asociación Galega de Glaucoma nos actos organizados polo día mundial desta enfermidade, que afecta ao 2% da poboación española e ao 2,5% dos galegos e galegas.
Abel Caballero valorou a iniciativa impulsada pola Asociación, que contou coa colaboración da Policía Local e a presenza do futbolista do Real Club Celta, Borja Oubiña. Cos actos se procura, indicou o alcalde, concienciar á cidadanía da importancia de facer revisións oculares para previr esta enfermidade.
Na Praza do Rei deseñouse un circuito ficticio en colaboración coa Policía Local, e axentes fan dúas veces o percorrido cunha cámara dentro do vehículo, unha coa vista normal e outra cunhas gafas que simulan a vista con glaucoma, para poder así apreciar a diferencia.