A xunta de persoal da área sanitaria de Vigo continúa coas movilizacións para denunciar a situación da sanidade na cidade. Na convocatoria para este martes, demanda a apertura de «todas as camas» do Meixoeiro, así como a necesidade de potenciar unha Unidade de Críticos que permita mellorar sustancialmente a súa capacidade cirúrxica.
«Lembrar que na campaña das elección autonómicas do 25 de setiembre, o conselleiro Vázquez Almuiña en reunión con esta xunta de persoal, comprometeuse a fortalecer o Hospital do Meixoeiro e tamén a súa capacidade cirúrxica. Parece que as promesas sobre o Meixoeiro do sr. Almuiña, teñen o mesmo crédito que as do sr. Núñez Feijoó sobre a construcción de barcos por parte de Pemex en Vigo e Ferrol», apuntan dende a xunta de persoal.
No mesmo sentido, o sindicato CCOO denunciou este luns a situación sanitaria de Vigo e a súa comarca e destacou que ten «as maiores listas de espera de Galicia e das maiores de España, colapsos nas urxencias, recorte de profesionais e servizos, corcertos privados en aumento. E mentres isto sucede, desmantelan o Hospital do Meixoeiro, pechan moitas das súas camas e pechan a UCI o que impide acometer intervencións cirúrxicas de certa complexidade».
«A sanidade non pode ser un negocio. A xestión privada do Hospital Álvaro Cunqueiro e o concerto con Povisa supón para os contribuintes pagar cada ano 150 millóns de euros sen que repercuta nunha mellor sanidade, mais ben todo o contrario», afirma Ángel Cameselle, responsable de CCOO.