• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    viernes, 20 de mayo de 2022
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • Cinco estudantes recollen os premios Sofía Novoa

    Nuria Ferreiro, Carla Souto, Marta Caldas, Tania Souto e Andrea Pérez recolleron os premios de mans de Carmela Silva, que subliñou o seu traballo “inspirador e enriquecedor” nun acto marcado polo recordo á figura de Sofía Novoa
    Redacción por Redacción
    25 de Ene, 2022
    en Local
    0
    Cinco estudantes recollen os premios Sofía Novoa
    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    A música da que foi referente e que tanto defendeu Sofía Novoa polo seu valor transversal na educación, envolveu esta tarde a sala Rosalía de Castro da sede da Deputación en Vigo no acto de entrega dos galardóns que levan o seu nome e que premian a integración da perspectiva de xénero nos traballos de Fin de Grao e Fin de Máster da Universidade de Vigo. Na VI edición destes premios as protagonistas foron cinco estudantes, Nuria Ferreiro, Carla Souto, Marta Caldas, Tania Souto e Andrea Pérez, que recolleron de mans da presidenta Carmela Silva este recoñecemento “a un traballo inspirador e enriquecedor, que nos amosa que é posible e necesaria esa mirada feminina en todas as facetas da vida, pero de xeito especial na investigación académica, para poder seguir a avanzar na nosa loita pola igualdade”. O acto, ao que asistiu o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e reuniu a unha ampla representación cultural da cidade, foi conducido pola xornalista María Díaz e contou coa actuación ao piano da artista Andrea García que interpretou música composta por mulleres como Im herbste de Fanny Meldelssohn; Bei dir ist es traut de Alma Mahler e If I ain’t got you de Alicia Keys, coa que puxo o broche á entrega de premio.

    Carmela Silva subliñou a importancia que para os avances en igualdade ten a presencia da perspectiva de xénero na Universidade. “Fomos silenciadas na historia, seguimos sen estar nos libros de texto coa representación igualitaria que merecemos. Pero se normalizamos a incorporación da nosa mirada á investigación será un avance imprescindible para que nun futuro próximo poidamos ver recoñecidos os nosos dereitos de representatividade na historia, a que escribimos no presente e no futuro”. “O voso traballo, como o de Sofía Nova, é transcendental –engadiu a presidenta- e por iso merece o noso recoñecemento, que para nós é unha obriga como administración envorcada coa igualdade”.

    Con estes galardóns a Deputación recoñece e visibiliza a figura histórica de Sofía Novoa (Vigo, 1902 – Madrid, 1987), unha muller silenciada e esquecida nos libros, pedagoga cunha gran cultura, que loitou para que as mulleres ocupasen espazos públicos e moi comprometida no emprego da música como vehículo para o ensino da cultura e do idioma. Ingresou aos 17 anos na “Residencia de Señoritas”, en Madrid, dependente dunha institución que se encargaba de fomentar a renovación pedagóxica e científica en España. Alí, Novoa Ortiz foi unha das artífices dun ambicioso e pioneiro programa educativo, que posibilitou o acceso á educación superior a moitas mulleres, xa que daquela só podían estudar especialidades ou doutorarse en Madrid. A súa formación musical culminou coa carreira de Solfexo, Harmonía e Piano en 1925, no Conservatorio Superior de Música, onde acadou  premio extraordinario. Completouna no curso 1925-1926 en Lisboa, onde estudou Piano, Contrapunto, Inglés, Portugués, Historia e Análise da Música.

    Trala semblanza de Sofía Novoa, a presidenta fixo entrega dos cinco galardóns ás premiadas desta sexta edición, que tamén tiveron a oportunidade de comentar a súa motivación á hora de introducir a perspectiva de xénero e as principais liñas coas que enfocaron os seus traballos.

    No que respecta aos Traballos Fin de Grao, con dous premios de 1.000 euros, as galardoadas foron Nuria Ferreiro (Ponte Caldelas) por “Convite ao avecer”, un traballo de investigación e creación que se vertebra a través da vinculación ao territorio, do agarimo á cultura popular e dos vencellos persoais. Nesta obra a autora establece unha relación directa entre a etnografía, a antropoloxía, a arte contemporánea e a etnomedicina, integrando a perspectiva de xénero. Percórrense conceptos como o de menciñeira ou o de albeite desde diversas perspectivas: a sociolóxica, a feminista ou a literaria. Carla Souto (Caldas) foi premiada por “A perspectiva de xénero nas aulas de educación primaria cun enfoque baseado en proxectos”, traballo no que deseña proxectos que fan visibles as contribucións femininas coas que o alumnado reflexiona sobre as interpretacións deformadas de sucesos do pasado ao non empregar a perspectiva de xénero. Amais, promoven a participación igualitaria do alumnado e asunción de roles non estereotipados.

    Nos Traballos Fin de Máster (coa dotación de 1.000€) foron galardoadas Marta Caldas (Pontevedra), con “A paridade na representación política da muller nos concellos clasificados como zonas pouco poboadas da provincia de Pontevedra”, e Tania Souto (Vigo) por “As Sensombreiro: voces silenciadas da Xeración do 27”. No primeiro caso, Marta Caldas analizou a paridade na participación política feminina no eido local tras as eleccións de 2019, cunha investigación que amosa que a presenza das mulleres nas corporacións locais é inferior á dos varóns en 28 dos 31 concellos obxecto de estudo. O traballo de Souto consiste nunha unidade didáctica na que se propoñen actividades para achegar a literatura das mulleres pertencentes á Xeración dos 27. Esta unidade consta de tarefas pensadas para traballar aspectos como a situación da muller nas primeiras décadas do século XX así como para desenvolver diferentes competencias educativas.

    Nesta mesma categoría Andrea Pérez (Cambados) recibiu un accésit de 600€ polo estudo “Traballar a publicidade nas aulas con perspectiva de xénero”, no que fai fincapé no feito de como a publicidade incide na sociedade e reproduce estereotipos de xénero. O traballo céntrase nas nenas e nos nenos, quen reciben esta publicidade sexista que inflúe de xeito directo no seu proceso de socialización.

    Tags: Deputación de PontevedraPremios Sofía Novoa

    RelacionadosArtículos

    O Castelo de Sobroso reabre as visitas ao público tras a súa musealización
    Ponteareas

    O Castelo de Sobroso reabre as visitas ao público tras a súa musealización

    13 de May, 2022
    Rías Baixas Fest, siete festivales de música creados para “recuperar la sonrisa” tras la pandemia
    Música

    Rías Baixas Fest, siete festivales de música creados para “recuperar la sonrisa” tras la pandemia

    10 de May, 2022
    O programa Inspira Steam da Uvigo e a Deputación xa fomenta vocacións entre 1.553 alumnas
    Ciencia y Tecnología

    O programa Inspira Steam da Uvigo e a Deputación xa fomenta vocacións entre 1.553 alumnas

    09 de May, 2022
    Vigo recibe un Cristo de seis metros y seis toneladas para instalarlo en A Guía
    Local

    Vigo recibe un Cristo de seis metros y seis toneladas para instalarlo en A Guía

    05 de May, 2022
    Deputación e Concello de Vigo enchen de cor o CEIP Balaídos coa nova cuberta do patio
    Local

    Deputación e Concello de Vigo enchen de cor o CEIP Balaídos coa nova cuberta do patio

    28 de Abr, 2022
    A Deputación celebra en Vigo o Día do Libro: “É un día que festexamos para compartir felicidade”
    Libros

    A Deputación celebra en Vigo o Día do Libro: “É un día que festexamos para compartir felicidade”

    23 de Abr, 2022

    Más Vistos

    La fuente más antigua de la ciudad de Vigo

    La fuente más antigua de la ciudad de Vigo

    por Julio Alonso
    14 de May, 2022
    0

    Fallece una niña en Vigo tras recibir un fuerte golpe en la cabeza

    Fallece una niña en Vigo tras recibir un fuerte golpe en la cabeza

    por Redacción
    16 de May, 2022
    0

    La espectacularidad de Vialia

    La espectacularidad de Vialia

    por Julio Alonso
    16 de May, 2022
    0

    Desalojan de un autobús en Vigo a un pasajero “agresivo” y sin mascarilla

    Hallan el cadáver de un hombre en su vivienda de Vigo, tras la alerta de una vecina por un fuerte olor

    por Redacción
    17 de May, 2022
    0

    Circlassica, el espectáculo de Emilio Aragón, regresa a Vigo con ‘El sueño de Miliki’

    por Redacción
    19 de May, 2022
    0
    Circlassica, el espectáculo de Emilio Aragón, regresa a Vigo con ‘El sueño de Miliki’
    Espectáculos

    Después del éxito conseguido en Madrid con 200.000 espectadores, el espectáculo ‘El sueño de Miliki’ inicia su gira nacional, que...

    Leer mas

    La Policía Nacional inspecciona locales de Vigo por piratear partidos de fútbol

    por Redacción
    19 de May, 2022
    0
    La Policía Nacional inspecciona locales de Vigo por piratear partidos de fútbol
    Fútbol

    Agentes de la Policía Nacional ha inspeccionado 166 establecimientos de hostelería de España en un operativo policial contra la distribución ilícita...

    Leer mas

    A la venta las entradas para el concierto de Bryan Adams en Vigo: desde 45 hasta 250 euros

    por David Lorenzo
    19 de May, 2022
    0
    A  la venta las entradas para el concierto de Bryan Adams en Vigo: desde 45 hasta 250 euros
    Música

    Ya están a la venta las entradas para el concierto que Bryan Adams ofrecerá el próximo verano en Vigo. A...

    Leer mas

    Tal día como hoy…

    • 1879

      Vigo se pone en "rápida comunicación de dos fechas" con la capital de España

    • Vigo se pone en "rápida comunicación de dos fechas" con la capital de España
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    ¡Bienvenido/a!

    Inicia sesión con los siguientes datos

    Recuperar contraseña

    Recupera tu contraseña

    Introduce tu usuario y correo para resetear tu contraseña.

    Iniciar sesión
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado

    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.

    Non-necessary

    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.

    GUARDAR Y ACEPTAR