Da centena, 66 son para o Reino Unido e/ou Irlanda, 11 para Francia, 6 para Alemaña e/ou Austria, outras tantas para Italia, 4 en Portugal, 4 para Xapón e 3 para China. O Concello ofrece unha estadía formativa nestes países, tal e como fai cos 750 alumnos de Secundaria que viaxaron este mes de setembro ao Reino Unido e Irlanda.
De cara ao 2019, o Concello aumenta o número de vacantes e a partida orzamentaria. A partida chega aos 175.000 euros para contar con cen prazas; neste 2018 viaxaron 92 estudantes da EOI por un importe de 160.000 euros.