• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    domingo, 29 de enero de 2023
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • Catro profesoras dos tres campus reforzan a candidatura de Manuel Reigosa á reitoría da UVigo

    María Isabel del Pozo, Susana Reboreda, Elena Rivo e Eva María Lantarón únense ao proxecto dunha universidade máis galega, igualitaria e internacional
    Redacción por Redacción
    08 de Abr, 2022
    en Local
    0
    Catro profesoras dos tres campus reforzan a candidatura de Manuel Reigosa á reitoría da UVigo

    Manuel Reigosa acompañado por parte do seu equipo cando foi proclamado candidato. / Foto: DUVI

    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    Manuel Reigosa optará a un segundo mandato como reitor da Universidade de Vigo cun equipo renovado no que destaca a incorporación de catro profesoras dos tres campus: María Isabel del Pozo Triviño, docente e investigadora do Departamento de Tradución e Lingüística, como vicerreitora de Internacionalización; Susana Reboreda Morillo, docente e investigadora do Departamento de Historia, Arte e Xeografía, como responsable de Extensión Universitaria; Elena Rivo López, docente e investigadora do Departamento de Organización de Empresas e Márketing, como vicerreitora do campus de Ourense e Eva María Lantarón Caeiro, docente e investigadora do Departamento de Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde, como vicerreitora do campus de Pontevedra. Estas catro mulleres son a gran novidade da candidatura de H2040 para as eleccións do vindeiro 4 de maio, candidatura que, xunto ás liñas programáticas, entregou este venres no Rexistro o candidato a reitor, Manuel Reigosa.

    O programa de goberno para os vindeiros catro anos está determinado nesta ocasión polas liñas básicas transversais marcadas no Plan Estratéxico da Universidade de Vigo: pulo ao galego, loita pola igualdade e internacionalización, xunto cos retos máis inmediatos do recambio xeracional, a transformación dixital e a aposta pola sostibilidade. Cada un dos puntos do programa será explicado por Reigosa e o seu equipo en visitas a todos os centros da UVigo e en xuntanzas con todos aqueles colectivos que o soliciten. Farano nunha campaña electoral que arrancará no campus de Pontevedra o martes 19 de abril e que se prolongará ata o luns 2 de maio, data na que está previsto realizar o peche de campaña nun acto na Escola de Enxeñería Industrial.

    Oito mulleres e cinco homes conforman a candidatura coa que H2040 concorre ás eleccións do vindeiro 4 de maio. Respecto do actual equipo de goberno, e caso de ser elixidos, manterían os seus cargos, aínda que con modificacións nas súas competencias nalgúns casos, o secretario xeral, Miguel Ángel Michinel Álvarez, como secretario xeral; José Luis Míguez Tabarés, como vicerreitor de Planificación e Sostibilidade; Belén Rubio Armesto, como vicerreitora de Investigación, ademais de Transferencia e Innovación; Manuel Ramos Cabrer, ata o de agora vicerreitor de Ordenación Académica e Profesorado, que pasaría ser o responsable de Profesorado, Docencia e Titulacións; Mónica Valderrama Santomé, vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais; Natalia Caparrini Marín, que mantería Estudantado e Empregabilidade, mentres que Extensión Universitaria recaería en Susana Reboreda; José María Martín Moreno, ata o de agora vicerreitor de Economía, que sería o responsable de Relacións coa Empresa e María Isabel Doval Ruiz, que renova as súas competencias con Benestar, Equidade e Diversidade, mentres que a Vicerreitoría de Internacionalización sería competencia de María Isabel del Pozo Triviño.

    Das catro novas caras do equipo feito público hoxe, tres delas teñen experiencia en postos de xestión á fronte de centros da UVigo: Eva María Lantarón é a actual decana da Facultade de Fisioterapia; Elena Rivo, exerceu ata abril de 2019 á fronte do decanato da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, ademais de ser a actual comisionada de coordinación interna do equipo de goberno e Susana Reboreda, foi a decana da Facultade de Historia ata o pasado mes de febreiro.

    Pola súa banda, Jorge Soto, ata o de agora vicerreitor do campus de Pontevedra, e Esther de Blas, vicerreitora do campus de Ourense, son os únicos membros do actual equipo de goberno que non foron incluídos na candidatura presentada hoxe por Manuel Reigosa.

    Docencia cero tras a maternidade, medida estrela

    As liñas xerais do programa electoral para a nova lexislatura estrutúranse nun total de 11 eixes: galego, igualdade, internacionalización, gobernanza, docencia, investigación e transferencia, xestión, estudantado, persoal de administración e servizos, persoal docente e investigador e infraestruturas e sustentabilidade.

    No caso da promoción do galego, o programa reflicte a aposta por pór en marcha un novo plan que contribúa a seguir incrementando a porcentaxe de clases que se imparten nesta lingua e tamén, desde a nova Vicerreitoría de Extensión Universitaria, intensificar os esforzos na promoción e universalización da cultura galega.

    Elena Rivo, Susana Reboreda, María Isabel del Pozo e Eva María Lantarón

    Con respecto á igualdade, a que o documento se refire como “eixe básico do futuro da institución”, a medida estrela será incorporar a docencia cero durante o ano seguinte á reincorporación tras a baixa de maternidade e a docencia ao 50% durante o ano seguinte.

    En internacionalización, o candidato e o seu equipo buscarán que o alumnado incremente as súas competencias lingüísticas en inglés e tratarase de fortalecer a presenza da institución, tanto a nivel europeo como internacional, facendo especial fincapé nos países lusófonos e castelanfalantes.

    En canto á gobernanza, o programa fai fincapé na revitalización do Claustro e os Consellos de Campus, “para que a opinión da comunidade universitaria sexa tida en conta” e “para que máis persoas se involucren nas decisións e no goberno”.

    Outro dos sinais de identidade do equipo de H2040 que se destaca no documento, é, desde o seu primeiro mandato, a dignificación do labor docente e, neste sentido, avógase por seguir na liña de descenso progresivo da dedicación docente máxima ata chegar no curso 2024/2025 ás 240 horas anuais. En investigación e transferencia apúntase a continuidade das políticas de retención e talento e de atracción de investigadoras e investigadores internacionais, así como o incremento continúo da relación co sector empresarial.

    Un dos principais retos dos vindeiros catro anos, segundo se apunta na liñas programáticas, será no ámbito da xestión, a modernización administrativa da institución e o incremento nas contratacións de Persoal de Administración e Servizos e, polo que se refire ao estudantado, aproveitar “ao máximo” as posibilidades que abre o novo decreto de titulacións para flexibilizar de grao e mestrado, incluíndo formación de carácter transversal e potenciando unha oferta de titulacións propias “flexible e atractiva”, permitindo a súa simultaneidade coa formación oficial.

    Neste novo programa electoral tamén se marca como reto prioritario a renovación do cadro de Persoal Docente e Investigador, coa previsión de pór en marcha novas medidas dirixidas a conseguir “un recambio xeracional con garantías”. Convertida, sinala o programa, nun referente para a sociedade no ámbito das enerxías renovables, o novo goberno da UVigo tentará no novo mandato seguir nesa senda e, en canto a novas infraestruturas, sinálase que se apostará pola construción urxente dun edificio para a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, no campus de Ourense; un edificio na parcela de Tafisa para albergar a Facultade de Deseño e a de Administración e Dirección Pública no campus de Pontevedra. No caso de Vigo promoveríase a construción dun módulo propio para acoller atlanTTic e seguirase traballando para levar aos terreos da ETEA o Centro de Investigación Mariña, o Campus do Mar e as titulacións que solicitaron establecerse alí: Ciencias do Mar e os dous  mestrados relativos ao medio mariño da Facultade de Bioloxía.

    Tags: Manuel ReigosaUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    O catedrático da UVigo Martín Llamas Nistal, novo presidente da IEEE Education Society
    Ciencia y Tecnología

    O catedrático da UVigo Martín Llamas Nistal, novo presidente da IEEE Education Society

    26 de Ene, 2023
    A UVigo concede 17 axudas que impulsan o nacemento dunha nova xeración de emprendedores
    Local

    A UVigo concede 17 axudas que impulsan o nacemento dunha nova xeración de emprendedores

    25 de Ene, 2023
    O químico ruso Nicholas A. Kotov converterase no 29º doutor honoris causa pola Universidade de Vigo
    Local

    O químico ruso Nicholas A. Kotov converterase no 29º doutor honoris causa pola Universidade de Vigo

    24 de Ene, 2023
    A UVigo alíase con Telespazio para impartir un mestrado dual pioneiro en España en tecnoloxía xeoespacial
    Local

    A UVigo alíase con Telespazio para impartir un mestrado dual pioneiro en España en tecnoloxía xeoespacial

    23 de Ene, 2023
    UVigo Motorsport remata o proceso de deseño do UM23 e encara a fase de fabricación
    Motor

    UVigo Motorsport remata o proceso de deseño do UM23 e encara a fase de fabricación

    20 de Ene, 2023
    A Uvigo aumenta as súas bolsas de protección internacional
    Local

    A Uvigo aumenta as súas bolsas de protección internacional

    19 de Ene, 2023

    Más Vistos

    Cierra la histórica Panadería Florida de Vigo, activa desde 1974: “Nos hemos visto ahogados”

    Cierra la histórica Panadería Florida de Vigo, activa desde 1974: “Nos hemos visto ahogados”

    por Raquel F. Novoa
    27 de Ene, 2023
    0

    Vigo embrujado

    ‘El Pilar’, una fantasía de los Alpes en el centro de Vigo

    por Eduardo Rolland
    21 de Ene, 2023
    0

    Abre en Vigo el ‘escape room’ al aire libre de Humor Amarillo, el más grande de Europa

    Abre en Vigo el ‘escape room’ al aire libre de Humor Amarillo, el más grande de Europa

    por Raquel F. Novoa
    25 de Ene, 2023
    0

    Fallece el motorista que fue alcanzado por un camión en el túnel de Beiramar de Vigo

    Fallece el motorista que fue alcanzado por un camión en el túnel de Beiramar de Vigo

    por Europa Press
    26 de Ene, 2023
    0

    Abre en Vigo el ‘escape room’ al aire libre de Humor Amarillo, el más grande de Europa

    por Raquel F. Novoa
    25 de Ene, 2023
    0
    Abre en Vigo el ‘escape room’ al aire libre de Humor Amarillo, el más grande de Europa
    Local

    El próximo 4 de marzo Vigo acoge a una nueva propuesta de ocio única hasta la fecha: el 'escape room'

    Leer mas

    Doce rutas gratuitas (y sencillas) por Vigo y Cangas para recorrer con niños y mascotas

    por David Lorenzo
    27 de Ene, 2023
    0
    Doce rutas gratuitas (y sencillas) por Vigo y Cangas para recorrer con niños y mascotas
    Salud

    El programa Camiño a Camiño cerró su última entrega el pasado otoño, pero los amantes de las caminatas y el

    Leer mas

    Vigo “redescubrirá” la San Silvestre en Carnaval: la carrera se celebrará el 19 de febrero

    por David Lorenzo
    27 de Ene, 2023
    0
    Vigo “redescubrirá” la San Silvestre en Carnaval: la carrera se celebrará el 19 de febrero
    Atletismo

    Ya hay fecha para recuperar la carrera de San Silvestre en Vigo, que el pasado 31 de diciembre tuvo que

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR