Silva, que mostrou a súa indignación “como muller, como política e como presidenta provincial”, sinalou que “eu sabía que Casado e Feijoo eran machistas, pero non sabia que o era Ana Pastor e moito menos cando hai uns días dixo que era feminista”. “Vostede non é feminista, dixo Carmela Silva, porque non pode selo ninguén que diga publicamente a outra muller que que dedica á política que o que nos cualifica é que damos bicos e sorrisos na rúa e que cando estamos na política poñémonos máis guapas e máis rubias“. A presidenta da Deputación asegurou que “iso é cosificar as mulleres e manter os estereotipos, contra os que levamos loitando centos de anos, nos que soamente ponse en valor o físico das mulleres e actuacións que nada teñen que ver coa política”.
Silva lembrou a Ana Pastor que as mulleres son o 52%da poboación ou o 58% das tituladas universitarias. “É indignante. A política que facemos as mulleres está baseada en transformar a vida da xente, en mellorala, en traballar para que todos os territorios teñan máis futuro. Non nos cualifica ser guapas ou ser rubias, ou dar bicos o sorrir moito. Iso é cosificar ás mulleres. O que nos cualifica é a intelixencia, a capacidade e a xestión que realizamos. Nosoutras facemos política, non estamos desfilando para mostrar o guapas que somos ou o rubias que somos, apreciacións que forman parte dos principios que defende o machismo, que pretende que as mulleres tiñamos esa imaxe que a candidata do PP pretendeu dar hoxe”.