Abel Caballero acompañará a Francisco Vázquez no acto de descubrimento dun cadro coa súa imaxe o próximo mércores 21 de decembro no Concello da Coruña. O rexedor olívico acepta a invitación moi «honrado como amigo e como alcalde» para deixar constancia e transmitir a gran xestión de Paco Vázquez ao fronte da goberno local da Coruña. Previamente, Caballero manterá un encontro protocolario co seu homólogo coruñés, Xulio Ferreiro.