O alcalde deu conta da chegada ao Concello este martes do informe no que a Xunta de Galicia xustifica a negativa da inscrición da Área Metropolitana no Rexistro de Entidades Locais que, dixo, cuestiona a constitución do ente e a presidencia e que «non se sostén xuridicamente».
Caballero referiuse a unha sentenza do Tribunal Supremo do Contencioso-Administrativo que, sobre as funcións do Rexistro de Entidades Locais, ditamina que «en ningún suposto é de control senón de mera constancia ou toma de razón, debendo imperativamente practicar a inscrición, salvo que se observe falta ou insuficiencia de datos».
O rexedor vigués criticou este intento de «frear a Área Metropolitana» malia que o ente «están tan en funcionamento que mañá convocarei unha Xunta de Goberno para o próximo martes 10 ou o mércores 11» en función da dispoñibilidade dos seus membros. Así, o goberno da Área «seguirá gobernando e defendendo os intereses cidadás», afirmou e abordará entre outras cuestións o transporte metropolitano na vindeira xuntanza.
Xunta de Goberno Local
O alcalde informou tamén da resolución por parte da Xunta de Goberno Local do expediente de axudas para atender as prazas ou espazos privados de uso público ao que o Concello destina un importe total de 32.000 euros para a comunidade de propietarios das rúas A Estrada número 4 e Padre Feijóo número 6.