O rexedor sinalou que o peche das instalacións dependentes da Xunta de Galicia “está a causar un problema grave” a un número importante de menores e aproximadamente a 200 familias debido “a absoluta imprevisión da Xunta”.
Segundo explicou, o Punto de Encontro Familiar é utilizado por “parellas separadas, polo que ten unha grande importancia, non é unha cuestión secundaria na atención a menores”. Caballero incidiu en que non pode entender o peche do lugar a causa das vacacións dos traballadores, posto que non é unha causa excepcional.
“O peche débese a que non compensa economicamente que estea aberta, porque hai vacacións e deben cambiar ao persoal, a empresa non o fai e a Xunta non di nada. O resultado é que a día de hoxe non hai punto de encontro operativo”, sinalou o alcalde.