Abel Caballero explicou que existe un acordo a longo prazo coa organización da cita, co que avanzou que se celebrará en Vigo nos próximos anos, o que é «bo» tanto para o Marisquiño como para a cidade. «O Marisquiño» acada neste verán a súa décimo quinta edición e formará parte do programa de festas de verán da cidade de Vigo, segundo trasladou o alcalde. «Temos un acordo para os tres próximos anos, no que eu serei alcalde, e agardo que os seguintes catro tamén estea, así que teremos Marisquiño moitos anos», afirmou.
Susana Rodríguez Gacio
O goberno local tamén aprobou o convenio para apoiar o proxecto deportivo de Susana Rodríguez Gacio, paratleta viguesa que actualmente ocupa o número 3 na clasificación mundial na súa modalidade de triatlón. O Concello quere así apoiar á deportista para que consiga a clasificación para as Paralimpiadas de Río 2016, explicou Caballero.