Beiras falou este xoves en Vigo convidado polos tres concelleiros da Marea de Vigo, Rubén Pérez, Xosé Lois Jácome e Margarida López. AGE xa presentou en febreiro unha proposta non de lei para rescatar o Hospital Álvaro Cunqueiro e a Marea fará o propio no próximo pleno municipal.
“É evidente que o rescate ten que facerse cunha fórmula simple, propoñerlle a concesionaria que a Xunta recupere a concesión mediante o pago dos fondos, en total 70 millóns para adquirir a sociedade”, indicou antes de culpar ao Partido Popular da situación actual. “Os amigos do PP son como os pólipos da mafia, o hospital podíase financiar con cartos públicos, pero aquí hai unha trama de intereses espurios”, engadiu Beiras.
O deputado garantiu que o rescate do hospital incluirase no seu programa nas próximas Eleccións Autonómicas, tendo en conta que a maioría absoluta do PP impide que salga agora adiante na Cámara galega. “Teño prolongada experiencia de pelexar contra maiorías absolutas e sempre disntiguín, porque o PP gaña sen pensar, os deputados on uns monifantes, mentalidade de dereita facha, a cuestión é se gañan ou perden os debates, normalmente perden, eso explica o deterioro e o baixón”, explicou.
Beiras definiu o Hospital Álvaro Cunqueiro como “unha bomba de reloxería” e advirtiu de que a financiación do centro médico vigués pon en perigo todo o sistema sanitario galego. “O Consello de Contas dixo que supoñía un 80% máis de gastos, pon en risco de insolvencia o propio Sergas, ponse en perigo a sostenibilidade de todo o sistema sanitario galego, é unha bomba de reloxería”, afirmou Beiras.
Artigos relacionados:
Beiras e a detención de Abel Caballero, o «viguismo» de Feijóo e o traballo dos xornalistas