O Concello apoia á entidade no cumprimento deste obxectivo, así en febreiro do ano 2018 aprobou a promoción da obra de Aspanaex para a súa cualificación como Proxecto Empresarial de Interese Municipal de xeito que pode ter bonificacións fiscais de entre o 50 e o 70%, o que supón un importe de 102.000 euros.
Teresa Galisteo de la Fuente, presidenta de Aspanaex apuntou que as obras no antigo ambulatorio de especialidades de Coia xa comezaron, coa previsión de crear 58 prazas para residentes e 40 postos de traballo e co obxectivo de telas rematadas no ano 2021. A páxina web supón «un paso máis para chegar a empresas e particulares, visibilizar o proxecto necesario pero ambicioso» e tamén a necesidade que existe na cidade para este servizo que presta.
Pola súa banda, César Blanco, tesoureiro de Aspanaex, animou á cidadanía a colaborar co proxecto, falando da web como «un escaparate para o cumprimento do soño de Aspanaex», que permite contribuír desde 1 eur