Nesta ocasión o acto principal será o venres 23 no pavillón de As Travesas, onde uns 2.000 estudantes de secundaria formarán un tapiz humano e no que difundirán mensaxes contra a violencia machista.
Outra das accións será unha exposición colectiva que desde hoxe ata o 28 de novembro estará na rúa peonil do Calvario. Son 40 lonas doutros tantos centros educativos e cada unha delas denuncia un micromachismo.
O Enlaza Vigo recibiu un premio nacional de Boas Prácticas, concedido pola FEMP e pola Delegación do Goberno contra a violencia de xénero. Vigo financia na practica totalidade o Centro de Emerxencias que atende a mulleres maltratadas de toda Galicia.