• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    domingo, 11 de junio de 2023
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • As pioneiras nas aulas universitarias reciben a homenaxe da UVigo no 8M

    Ángela González, primeira graduada da Escola de Peritos, recibe o Premio Uviguala 2022. Presentados os dispensadores de produtos de hixiene feminina que se instalarán en 23 centros
    Redacción por Redacción
    07 de Mar, 2022
    en Local
    0
    As pioneiras nas aulas universitarias reciben a homenaxe da UVigo no 8M

    O reitor, Manuel Reigosa, cos fillos de Ángela González Garrido. / Foto: DUVI

    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    Ángela González Garrido foi a protagonista en 1965 dun fito na historia da Escola Técnica de Peritos Industriais: ser a primeira muller graduada polo centro, creado en Vigo en 1901. Transcorridos case 57 anos, Ángela González Garrido recibiu hoxe o recoñecemento da UVigo no acto institucional de celebración do 8M, no que se lle outorgou o décimo Premio do compromiso coa igualdade de xénero da Universidade de Vigo, Uviguala 2022. Un galardón e un recoñecemento que, non obstante, vai máis aló da primeira graduada pola Escola Técnica de Peritos Industriais, xa que con el a UVigo rende hoxe homenaxe a todas as pioneiras universitarias que como Mª del Carmen Sábada e Capablanca, Pilar Palomar Traver, Rosario Torvieso Monge ou Dolores Lorenzo Salgado se formaron na Escola de Peritos, ou que como Josefa Costas González, Pilar Mosquera, Soledad Pelayo ou Ángeles Cabello, convertéronse, a partir do ano 1926, nas primeiras graduadas pola Escola Pericial de Comercio.

    Todas estas pioneiras nas aulas universitarias, ás que a vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais, Mónica Valderrama, lembrou na súa intervención no acto celebrado este mediodía no edificio Redeiras, tomaron a remuda de Concepción Arenal, Manuela Barreiro Picos, Emilia Pardo Bazán ou Ernestina Otero e abriron o camiño a miles de mulleres que a día de hoxe conforman o  55% do total do alumnado universitario en Galicia. No caso de Ángela González, o reitor da UVigo, Manuel Reigosa referiuse a ela como “unha pioneira na que nos apoiamos para desenvolver unha sociedade máis xusta e polo tanto igualitaria e que nos fai que sexamos optimistas, e aínda que a historia ten dentes de serra, polo menos si podemos aspirar a que haxa unha tendencia cara á igualdade”, dixo Reigosa, para quen “a conquista máis importante por parte da humanidade é a conquista da igualdade”.

    Pola súa banda, a directora da Unidade de Igualdade foi a encargada de dar lectura á acta da comisión que por unanimidade acordou conceder o Premio Uviguala 2022 a Ángela González, que por problemas de saúde non puido recoller o galardón, sendo a súa filla Ángela Rey a encarga da recibir o premio. Águeda Gómez destacou da resolución da Comisión de Igualdade considerar a Ángela González como un “exemplo da historia vida en relación coa chegada das mulleres á universidade, ademais dun exemplo paradigmático de tesón e tenacidade como única muller da súa promoción”. Asi mesmo, a directora da Unidade de Igualdade tamén destacou que a homenaxeada “representaba o espírito característico de solidariedade e igualitario, notorio aínda hoxe, entre o alumnado da titulación de Enxeñaría Industrial, sendo un exemplo dun espazo de igualdade na nosa universidade”, sinalou Águeda Gómez.

    Educada e educadora na igualdade

    Ángela Rey foi a encargada en representación da súa nai e dos seus irmáns de lembrar a  traxectoria vital e profesional de Ángela González, a quen “os seus país desde pequena inculcáronlle un ideal de igualdade e que as ciencias e a enxeñaría podían ser algo propio dela porque así lle gustaba e a iso se quería dedicar”, dixo Ángela, que asegurou que para a súa nai os mellores anos da súa vida foron os que pasou na Escola, “onde sempre se sentiu moi arroupada e protexida polos compañeiros”.

    Como unha muller forte, temperamental e firme de carácter e que sempre intentou axudar a quen o necesitaba, definiu Ángela Rey a súa nai. “As matemáticas sempre foron para ela moi interesantes, gustáballe resolver problemas e todo o que tiña que ver coa enxeñaría e como arranxar cousas”, explicou a filla da homenaxeada, que lembrou que, ao igual que a súa nai foi educada na igualdade e na liberdade, ela fixo o mesmo cos seus fillos. “Rendemos homenaxe a unha muller que sempre foi firme nas súa conviccións , moi decidida a defender a súa dignidade e a de todas. Esta é unha homenaxe a todas as mulleres que perseveran nos seus ideais e sonos”, dixo Ángela Rey.

    Dispensadores de produtos de hixiene feminina

    Este 8 de marzo cumprirase un ano desde que a UVigo se convertía na primeira universidade española na que as mulleres podían acceder gratuitamente a produtos de hixiene feminina, unha medida coa que institución académica viguesa quería loitar contra a pobreza menstrual, seguindo a estela de países como Escocia e á que posteriormente se sumaron outros como Nova Zelandia e Francia. E xusto o día antes de que se cumpra un ano dese fito, hoxe presentáronse os dispensadores que a partir do mes de abril se instalarán nos 23 centros dos tres campus da UVigo e nos que as mulleres poderán acceder de xeito gratuíto, cando os precisen, a compresas e tampóns. 

    Os dispensadores foron deseñados e desenvolvidos pola empresa Dismac, e funcionan  mediante a lectura dos códigos de barras da tarxeta universitaria na que asignará unha cantidade determinada de produtos de hixiene feminina a cada persoa. “As máquinas expenderán caixas con tres tampóns ou tres compresas, segundo a elección das mulleres”, explicou Antonio Iglesias, responsable de Dismac. Pola súa banda, o reitor lembrou que ata o de agora a entrega dos produtos de hixiene feminina se realizaba nas delegacións de alumnado, sen que se rexistrase ningún tipo de abuso ou retirada excesiva de produtos.

    Mentres, a directora da Unidade de Igualdade destacou que coa instalación dos dispensadores, a UVigo dá continuidade a acción que emprendera hai un ano e coa que “se atenden as necesidades da metade da poboación, axudando así a combater a pobreza menstrual”, destacou Águeda Gómez, que sinalou que ata 6000 euros pode gastar unha muller ao longo da súa en produtos de hixiene íntima, que no caso de España, están ademais gravados cun 10% de IVE, e non cun 4%, que se aplica aos bens considerados de primeira necesidade.

    Tags: 8MÁngela González GarridoDía Internacional de la MujerUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    A UVigo celebra a toma de posesión de 39 novos catedráticos, e 75 docentes titulares
    Local

    A UVigo celebra a toma de posesión de 39 novos catedráticos, e 75 docentes titulares

    09 de Jun, 2023
    A UVigo suma graos en Deseño e en Enxeñaría da Automoción e máster en Enxeñaría Aeronáutica
    Local

    A UVigo suma graos en Deseño e en Enxeñaría da Automoción e máster en Enxeñaría Aeronáutica

    08 de Jun, 2023
    Vigo convértese durante tres días en sede internacional do coñecemento en nanociencia
    Local

    Vigo convértese durante tres días en sede internacional do coñecemento en nanociencia

    07 de Jun, 2023
    Os servizos de emprego das universidades españolas reuniranse este mes en Vigo
    Local

    Os servizos de emprego das universidades españolas reuniranse este mes en Vigo

    05 de Jun, 2023
    O químico Nicholas Kotov será investido doutor honoris causa pola UVigo o luns 12 de xuño
    Local

    O químico Nicholas Kotov será investido doutor honoris causa pola UVigo o luns 12 de xuño

    30 de May, 2023
    O equipo de aeromodelismo UVigo Aerotech remata o deseño das súas novas aeronaves de competición
    Local

    O equipo de aeromodelismo UVigo Aerotech remata o deseño das súas novas aeronaves de competición

    29 de May, 2023

    Más Vistos

    La promotora de Guns N’ Roses prevé una “pérdida millonaria” en Vigo pero promete un concierto “espectacular”

    La promotora de Guns N’ Roses prevé una “pérdida millonaria” en Vigo pero promete un concierto “espectacular”

    por David Lorenzo
    06 de Jun, 2023
    0

    Alcampo abre en Vigo un nuevo supermercado con aparcamiento y 14 personas en plantilla

    Alcampo abre en Vigo un nuevo supermercado con aparcamiento y 14 personas en plantilla

    por Redacción
    06 de Jun, 2023
    0

    El mantenimiento de ascensores, escaleras mecánicas y rampas en Vigo costará 850 euros al día hasta 2025

    El mantenimiento de ascensores, escaleras mecánicas y rampas en Vigo costará 850 euros al día hasta 2025

    por David Lorenzo
    07 de Jun, 2023
    0

    Las entradas para Castrelos se venderán “concierto a concierto”: Caballero duda del uso de las Pass Vigo

    Las entradas para Castrelos se venderán “concierto a concierto”: Caballero duda del uso de las Pass Vigo

    por Redacción
    09 de Jun, 2023
    0

    Estos son los horarios de entrada y los lugares de acceso para el concierto de Guns N’ Roses en Vigo

    por David Lorenzo
    09 de Jun, 2023
    0
    Estos son los horarios de entrada y los lugares de acceso para el concierto de Guns N’ Roses en Vigo
    Música

    La organización del concierto de Guns N’ Roses en Vigo ha activado la “cuenta atrás” para la actuación que el

    Leer mas

    Vitrasa pondrá tres lanzaderas para regresar del concierto de Guns N’ Roses en Balaídos

    por David Lorenzo
    09 de Jun, 2023
    0
    Vitrasa pondrá tres lanzaderas para regresar del concierto de Guns N’ Roses en Balaídos
    Música

    Tal y como ocurrió el año pasado con la visita de Muse a Balaídos, Vitrasa activará un servicio especial con

    Leer mas

    Las entradas para Castrelos se venderán “concierto a concierto”: Caballero duda del uso de las Pass Vigo

    por Redacción
    09 de Jun, 2023
    0
    Las entradas para Castrelos se venderán “concierto a concierto”: Caballero duda del uso de las Pass Vigo
    Música

    Queda menos de un mes para que la música vuelva a sonar en el auditorio de Castrelos y poco –o

    Leer mas

    A Laxe inicia una reforma radical: cambio de color, más luz, pantallas gigantes y vistas a la ría

    por Redacción
    08 de Jun, 2023
    0
    Reforma A Laxe
    Local

    El Centro Comercial A Laxe sigue avanzando en la etapa de reposicionamiento que ha iniciado de la mano de Optima

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR