A previsión ministerial e municipal indica que os traballos comezarán en febreiro pero antes a empresa encargada de levar o control arqueolóxico elaborará o seu proxecto de supervisión.
Esta obra é posible en virtude do convenio rubricado polo Concello de Vigo e o Ministerio para a recuperación e posta en valor da muralla, cun importe de 835.197 euros a sufragar nun máximo de 626.000 euros por Fomento e 209.000 euros pola administración local viguesa. Con todo, a adxudicación realizouse por un importe de 785.000 euros.
Os traballos se levarán adiante seguindo tres liñas principais: a conservación e reparación dos elementos propios da fortaleza, a reorganización da accesibilidade ao monumento -que inclúe a reparación do acceso norte- e a mellora da integración ambiental da muralla no paisaxe urbana, que contempla a súa iluminación.