• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    domingo, 7 de agosto de 2022
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • “As nubes deixan no mar bicos e versos para soñar”: os versos de García Teijeiro inspiran en Beiramar

    O escritor vigués e Premio Nacional de Literatura deixa a súa pegada no valo que instala Pereira cada ano na súa sede da avenida
    Redacción por Redacción
    14 de Jun, 2022
    en Local
    0
    “As nubes deixan no mar bicos e versos para soñar”: os versos de García Teijeiro inspiran en Beiramar

    Representantes de Pereira, con Teijeiro.

    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    “As nubes deixan no mar bicos e versos para soñar” é a frase elixida este ano para ilustrar o valo que Pereira Productos del Mar ten nas súas instalacións da Avenida de Beiramar. O escritor vigués e Premio Nacional de Literatura, Antonio García Teijeiro, é o autor desta mensaxe. Pereira seleccionou tres frases do escritor relacionadas co mar e convocou un concurso nas súas redes sociais para que os seguidores elixisen a que máis lles gustaba. “O mar non ten paredes. Por iso inventa mil horizontes” e “Cando a lúa chama o mar, deixa a voz na beiramar”, foron as outras dúas frases que competiron coa gañadora.

    “Esta fermosísima frase vai ser a protagonista do noso valo durante o vindeiro ano. Con esta iniciativa, que levamos realizando dende hai máis dunha década, queremos por en valor a importancia da literatura galega, tan nosa e tan importante no desenvolvemento da nosa cultura e da nosa sociedade. Queremos agradecer a Antonio García Teijeiro que quixera sumarse a familia de escritores galegos que durante os últimos anos participaron no noso valo”, apunta Ruy Andrade, Director de Comunicación de Pereira Productos del Mar.

    Durante o evento de presentación Antonio García Teijeiro expresou sentirse moi feliz vendo no valo os seus versos, “agradezo fondamente que pensasen en min para que a miña voz lles fale ás persoas nun valo que xa leva moita literatura enriba ao longo dos anos. Con este proxecto tan noso, Pereira Productos del Mar demostra que hai maneiras diferentes e luminosas de facer publicidade. Poñer no valo das instalacións que ten a empresa en Beiramar frases ou versos de escritores e escritoras de Galicia é facer país. E que sexa en galego, aínda máis. É este un proxecto que se converte nunha aperta cálida á nosa cultura, á nosa literatura e á nosa lingua. É humanizar galeguizando a súa oferta. É algo que abre fiestras a horizontes máis ricos e auténticos e que axuda a facer Galicia”.

    Antonio García Teijeiro quixo poñer en valor a iniciativa de Pereira Productos del Mar, “a empresa valora o nivel cultural da nosa terra e faino dun xeito que acariña sensibilidades. Non son moi frecuentes no tecido empresarial este tipo de propostas e hai que aplaudilas. É unha proposta valente nos tempos que corren para o idioma galego. É dignificalo, facelo visible e axudar a querelo. É o galego dos poetas, pero tamén dos mariñeiros, das persoas que viven do mar, da sanidade, da educación, dos traballadores e traballadoras en xeral. É querer e vivir o noso. Conciencia de sermos quen somos. Grazas a Pereira Productos del mar por facernos sentir orgullosos do que amamos.”.

    Domingo Villar, moi presente

    Este acto quixo converterse tamén nunha pequena homenaxe ao escritor Domingo Villar, recentemente falecido e que formou parte da familia de escritores e poetas que durante os últimos anos colaboraron coa iniciativa de Pereira Productos del Mar. “A perda de Domingo Villar é fondísima, foise un dos referentes da literatura galega pero sobre todo unha persoa dunha gran calidade humana, sempre estará no noso recordo”, comentou emocionado Ruy Andrade.

    Once anos de poesía

    “As nubes deixan no mar bicos e versos para soñar” toma o relevo a “O mesmo mar fai cada día unha distinta praia” da poeta Yolanda Castaño que estivo no valo durante o ano 2021. Anteriores foron as frases de Domingo Villar en 2020 e 2019: “Podo temer a morte, pero non quero ter medo a estar vivo” do libro “O último barco” e “O tempo, o sol e o mar engurraran o rostro do mariñeiro e cuartearan a súa pel como terra seca” da obra “A praia dos afogados”. “Neste mar navegan os barcos da nosa vida” da escritora viguesa Ledicia Costas foi a mensaxe seleccionada en 2018. “Estamos en la bahía de Vigo y sólo de usted depende que pueda conocer sus secretos” da obra de Julio Verne “20.000 leguas de viaje submarino” ilustrou a valle en 2017. “A maxia de saber amar” (2016) y “Cada palada cuenta” (2015) foron outras das frases que os viandantes en condutores que pasaban por Beiramar puideron desfrutar e que foron propostas e votadas polos seguidores nas redes sociais.

    Desde 2012, ano no que naceu a iniciativa e ata 2014, estas foron as frases que seleccionou a empresa por orde cronolóxico: “No importa el frío, no se nos congelará el corazón”, “Un mar de sabores” y “Este mar nos ha llevado al mundo”.

    O acto de presentación do valo tivo lugar este venres a bordo do barco da Armadora Pereira “Argos Pereira” dende o que se podía ler a frase e o deseño do valo deste ano. O acto contou tamén cos gañadores do concurso activado nas redes sociais para seleccionar a frase do valo así como responsable da empresa.

    Antonio García Teijeiro

    Antonio García Teijeiro naceu en Vigo en 1952. É especialista en literatura infantil e xuvenil e imparte cursos de animación á lectura, creación literaria, talleres de poesía e conferencias. No VI Simposio sobre Literatura Infantil e Lectura da Fundación Germán Sánchez Ruipérez, o seu libro “Versos de Agua” foi elixido entre os 100 mellores libros do século XX. Co seu libro “Poemar o mar”, que forma parte dunha triloxía na que o mar é o protagonista e está escrita en galego, foi merecedor do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.

    Ademais, conta co Premio Merlín por «Na fogueira dos versos» (1996), co Premio Europeo Pier Paolo Vergerio, promovido pola Universidade de Padua (1998) e co Premio de poesía “Illas Sisargas” polo poemario “Arredor do teu corpo” (2006). Antonio García Teijeiro foi recoñecido como Vigués Distinguido en 2018 pola súa contribución á literatura infantil e xuvenil galega.

    Tags: Antonio García Teijeiroavenida de BeiramarPereira

    RelacionadosArtículos

    La plantilla de Barreras inicia sus protestas colapsando el tráfico en Beiramar
    Economía

    La plantilla de Barreras inicia sus protestas colapsando el tráfico en Beiramar

    05 de May, 2022
    Día del Libro 2022: qué novela o cómic marcó a las figuras de la cultura gallega
    Libros

    Día del Libro 2022: qué novela o cómic marcó a las figuras de la cultura gallega

    23 de Abr, 2022
    Domingo de tráfico cortado en una calle del centro de Vigo y en el túnel de Beiramar
    Local

    Domingo de tráfico cortado en una calle del centro de Vigo y en el túnel de Beiramar

    22 de Abr, 2022
    Más señalización contra el peligroso giro prohibido, ahora ya inviable, en Beiramar
    Local

    Más señalización contra el peligroso giro prohibido, ahora ya inviable, en Beiramar

    18 de Dic, 2021
    Pescado y marisco copan las 12 recetas de Pereira dedicadas a los peregrinos del Camino de Santiago
    Gastronomía

    Pescado y marisco copan las 12 recetas de Pereira dedicadas a los peregrinos del Camino de Santiago

    03 de Dic, 2021
    Los atascos no cesan en Beiramar: solo un carril disponible hacia el centro de Vigo
    Local

    Los atascos no cesan en Beiramar: solo un carril disponible hacia el centro de Vigo

    11 de Nov, 2021

    Más Vistos

    Por qué Tanxugueiras rompió a llorar en pleno directo en Vigo: «Isto é incrible»

    Por qué Tanxugueiras rompió a llorar en pleno directo en Vigo: «Isto é incrible»

    por Raquel F. Novoa
    30 de Jul, 2022
    0

    La promesa que las Tanxugueiras hicieron a Vigo ante 40.000 personas

    La promesa que las Tanxugueiras hicieron a Vigo ante 40.000 personas

    por Raquel F. Novoa
    31 de Jul, 2022
    0

    Los tres detalles por los que el concierto de Sting en Vigo hizo historia

    Los tres detalles por los que el concierto de Sting en Vigo hizo historia

    por Raquel F. Novoa
    07 de Ago, 2022
    0

    Vigo concluye los accesos a la estación de autobuses y pronto dará plazos para el túnel de Lepanto

    Vigo concluye los accesos a la estación de autobuses y pronto dará plazos para el túnel de Lepanto

    por David Lorenzo
    01 de Ago, 2022
    0

    Caballero descarta a Ryanair para los nuevos vuelos internacionales en Peinador

    por David Lorenzo
    05 de Ago, 2022
    0
    Caballero descarta a Ryanair para los nuevos vuelos internacionales en Peinador
    Local

    Ha pasado medio año desde que Abel Caballero anunció que el aeropuerto de Vigo tendría vuelos internacionales en noviembre de...

    Leer mas

    La marca de complementos Singularu desembarca en Vigo con promociones de apertura

    por Redacción
    05 de Ago, 2022
    0
    La marca de complementos Singularu desembarca en Vigo con promociones de apertura
    Local

    El Gran Vía de Vigo refuerza su oferta comercial sumando un nuevo operador de complementos, Singularu. Será el primer local...

    Leer mas

    La inesperada confesión con la que Leiva emocionó a sus fans en Castrelos

    por Raquel F. Novoa
    04 de Ago, 2022
    0
    La inesperada confesión con la que Leiva emocionó a sus fans en Castrelos

    En el parque de Castrelos, más de uno de los seguidores de Leiva no sabía que se llama José Miguel,...

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    ¡Bienvenido/a!

    Inicia sesión con los siguientes datos

    Recuperar contraseña

    Recupera tu contraseña

    Introduce tu usuario y correo para resetear tu contraseña.

    Iniciar sesión
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado

    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.

    Non-necessary

    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.

    GUARDAR Y ACEPTAR