Este ano serán 459 os beneficiarios destas axudas, 416 alumnos de 3º da ESO e 43, da Escola Oficial de Idiomas, o que supón un orzamento de 1.032.000 euros. En declaracións aos medios, o rexedor lembrou que se abrirá unha convocatoria extraordinaria para a xeración de estudantes aos que lles correspondera viaxar en 2013 -cando o goberno local se viu obrigado a suprimir o programa-, que viaxarán a finais do curso que vén, cando rematen a proba da selectividade. Caballero rematou afirmando que desde 2008, son preto de 3.000 os estudantes que gozaron dunha estadía no estranxeiro estudando inglés.
Bolsas de comedor
Ademáis, o Concello aprobará en verás as bolsas de comedor. Segundo anunciou Caballero, chegaron 3.138 solicitudes. No ano 2014, engadiu, houbo 5.000. «Ningunha familia que cumpra os requisitos quedará sen bolsa», afirmou.