Ademais desta decisión, tomada de acordo coa asociación Bicos de Papel, beneficiaria da recadación do evento, a organización anunciou que durante a semana que vén manterá en marcha a iniciativa da fila cero que permite aos usuarios e usuarias das instalacións de Barreiro, Coia e Navia doar a Bicos de Papel os metros solidarios realizados na piscina ou na sala fitness dos centros.
Nun comunicado, Máis que Auga lamentou as molestas que esta decisión puidera causar ao tempo que reafirmou o seu “compromiso de ofrecer o mellor servizo posible aos usuarios, tamén para gozar dun evento festivo nas mellores condicións”.