• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    sábado, 2 de julio de 2022
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • premio ernestina otero

    África González: “Mellorouse moito nunha soa xeración, pero non hai igualdade real nin efectiva”

    A inmunóloga da Uvigo, que este martes recibe o premio Ernestina Otero, amosa a súa "alegría" polo recoñecemento e analiza a situación das mulleres na sociedade actual
    Redacción por Redacción
    14 de Mar, 2022
    en Local
    0
    África González: “Mellorouse moito nunha soa xeración, pero non hai igualdade real nin efectiva”

    África González. / Foto: DUVI

    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    A inmunóloga África González é unha das docentes da Universidade de Vigo cunha traxectoria científica máis destacada e cunha importante proxección social. Esta bagaxe, “absolutamente extraordinaria como investigadora e na vixilancia da saúde de tantos ciudadáns de toda España”, en palabras do alcalde Abel Caballero, é a que lle recoñece o Concello de Vigo ao outorgarlle o X Premio de Igualdade Ernestina Otero, un galardón que recibirá este martes ás 20.00 horas nun acto que se celebrará no Auditorio Municipal.

    A catedrática recoñece que recibe este premio “con moita alegría”, xa que é un “premio de Vigo, do Concello e da Concellería de Igualdade” e tamén polo que “representa a figura de Ernestina Otero, unha educadora, pedagoga que loitou pola igualdade da muller modificando os canons establecidos na educación na escola”.

    Doutora en Medicina e Cirurxía e catedrática de Inmunoloxía, González é tamén académica da Real Academia de Farmacia de Galicia e foi, entre 2009 e 2019 directora do Centro de Investigacións Biomédicas, Cinbio e, entre 2016-2020, presidenta da Sociedad Española de Inmunología. Nos últimos dous anos, ten destacado polo seu papel divulgativo sobre a pandemia da covid-19, formando ademais parte do comité de expertos que asesora ao Concello nesta materia. Tamén deu o paso ao mundo empresarial, sendo copromotora da spin-off NanoImmunoTech.

    Combinar todas estas tarefas e facetas e facelo con éxito, para ela ten só unha receita: “poñer paixón, moitas horas de dedicación, esforzo e perseveranza”. Destaca que conseguilo é “unha carreira de fondo” para a que é preciso “crer no que fas, rodearte dos mellores e aprender a delegar”. Lembra que alguén lle recomendou que se atopaba un traballo que lle gustase, non traballaría máis, e esa é parte clave, “que che guste o teu traballo”. Neste sentido recoñece que ten a sorte de contar cun “grupo excepcional” na Universidade e que lle gustaría “ter máis financiamento para poder facer moitas máis cousas”, pero tamén destaca a importancia de saber organizarse para compaxinar a vida profesional coa familiar e social, “un difícil equilibrio que eu sempre tentei manter”.

    Pero conseguir ese equilibrio é moi complicado, sobre todo para as mulleres. Recoñécese “moi afortunada” e destaca que a educación que recibiu estivo sempre orientada a converterse nunha “muller independente e autónoma e, por tanto, debería formarme para poder ter esa autonomía económica e tamén mental”. Pero o camiño non estivo libre de atrancos e a catedrática lembra como tivo que enfrontarse a comportamentos machistas, como cando nunha oposición lle preguntaron se se vía compatibilizando a maternidade coa investigación e a docencia ou cando, nunha rolda de financiamento, lle dixeron que as empresas promovidas por mulleres universitarias estaban abocadas ao fracaso. “Creo que demostrei que estaban equivocados os dous”.

    Na procura dunha igualdade real e efectiva

    González recoñece que en tan só unha xeración “se ten mellorado moito, pero aínda queda moito por percorrer; non hai unha igualdade real nin efectiva”. Neste sentido destaca a importancia de erradicar a violencia de xénero e tamén a violencia dixital, “que está en auxe”. Considera que na sociedade segue a haber “moitos comportamentos que, ás veces, nin nos damos conta, pero son micromachismos” e considera prioritario traballar na educación nos colexios, nas familias, nas empresas, nas institucións… “queda moito por facer”.

    Un dos exemplos aos que se refire a docente e investigadora é a fenda de coidados que provocou que a produción científica das mulleres investigadoras se reducise respectos á dos homes. “Pode haber moitos condicionantes persoais e familiares, pero hai un sentido do deber, de culpa, que teñen en xeral as mulleres, de que deben ser elas as que deben ocuparse dos coidados. Ata que no exista unha co-responsabilidade real, a todos os niveis, non se conseguirá unha sociedade máis xusta, máis libre e máis equilibrada”, destaca.

    A falta de referentes femininos

    Outra das fendas de xénero que persisten é a relacionada coa falta de referentes femininos en determinados eidos do coñecemento e da ausencia de mulleres en certos sectores, unha eiva contra a que a docente da UVigo ten loitado a través de charlas e conferencias en centros escolares, xornadas de portas abertas nos laboratorios do Cinbio ou outro tipo de propostas para visibilizar o papel das mulleres na ciencia e nas titulacións STEM. Destaca que nos libros de texto a presenza feminina é case inexistente, a maioría de nenos e nenas “non coñecen as grandes científicas, inventoras, escritoras ou pintoras”. Como mostra desa realidade, González explica que a busca en Google da palabra ‘xenios’ dá como resultado imaxes de persoeiros como Einstein ou Stephen Hopkins; pero coa palabra xenias os resultados son os debuxos Shimmer & Shine.

    Con todo, en titulacións de ciencias, como Bioloxía, Medicina, ou Enfermaría as alumnas son maioría, aínda que o problema está nunha escala superior, nos postos de responsabilidade. “Existe unha tesoira clara con menor número de profesoras titulares, menos catedráticas, menos directoras de departamento, xefas de servizo en hospitais, directoras de centros, reitoras. Claramente hai menos mulleres nos postos directivos e temos que preguntarnos por que; cales son os motivos e de que maneira se pode ir solucionando”.

    Máis preocupante é a falta de presenza feminina nas titulacións técnicas, como as enxeñarías, que dan acceso ás profesións máis demandadas e con mellores condicións laborais. “O futuro estará neste tipo de traballos, e a muller non debe quedar fóra. Había moi boas matemáticas e informáticas hai anos, pero foise producindo unha diminución do interese por estes graos”, algo que para González é “preocupante e nos debería facer reflexionar sobre as causas”.

    Unha voz recoñecida durante a pandemia

    Nos últimos dous anos, a presenza de África González nos medios de comunicación e os foros de divulgación incrementouse substancialmente, converténdose nunha das voces de referencia sobre a pandemia para boa parte da cidadanía galega e estatal.

    “Foi unha experiencia intensa pero moi gratificante” que lle permitiu axudar a resolver as dúbidas que ía xurdindo sobre o virus, o sistema inmunitario, as pandemias, etc. “O que sempre me propuxen”, explica, foi “ofrecer información veraz, contrastada e evitar os bulos, pero isto require de intenso traballo de forma continuada”. Esta bagaxe serviulle, ademais, como punto de partida para publicar ‘Inmuno power: Conoce y fortalece tus defensas’, un libro divulgativo en formato de preguntas e respostas que publicou en 2021.

    Tags: África GonzálezPremio Ernestina OteroUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    A UVigo confírmase como a primeira administración pública galega máis transparente
    Local

    A UVigo confírmase como a primeira administración pública galega máis transparente

    01 de Jul, 2022
    O equipo de aeromodelismo da UVigo competirá na Air Cargo Challenge 2022 en Alemaña
    Ciencia y Tecnología

    O equipo de aeromodelismo da UVigo competirá na Air Cargo Challenge 2022 en Alemaña

    30 de Jun, 2022
    Relacións Laborais e Recursos Humanos terá quenda de tarde o vindeiro curso na Uvigo
    Local

    Relacións Laborais e Recursos Humanos terá quenda de tarde o vindeiro curso na Uvigo

    29 de Jun, 2022
    A UVigo súmase á Red de Universidades por la Diversidad
    Local

    A UVigo súmase á Red de Universidades por la Diversidad

    28 de Jun, 2022
    A UVigo coordina a creación dunha plataforma web para detectar datos falsos no debate político
    Medios

    A UVigo coordina a creación dunha plataforma web para detectar datos falsos no debate político

    27 de Jun, 2022
    Investigadores da Uvigo deseñan lentes de contacto que permiten detectar enfermidades
    Ciencia y Tecnología

    Investigadores da Uvigo deseñan lentes de contacto que permiten detectar enfermidades

    22 de Jun, 2022

    Más Vistos

    Un local de Nigrán y otro de Redondela, en la lista de mejores terrazas y chiringuitos para el verano

    Un local de Nigrán y otro de Redondela, en la lista de mejores terrazas y chiringuitos para el verano

    por David Lorenzo
    29 de Jun, 2022
    0

    Una recreación en 3D muestra cómo eran la Praza de América y As Travesas de Vigo con tranvías y cocheras

    Una recreación en 3D muestra cómo eran la Praza de América y As Travesas de Vigo con tranvías y cocheras

    por Redacción
    26 de Jun, 2022
    0

    Vigo se suma a la moda de las fiestas silenciosas con una noche ibicenca en Beade

    Vigo se suma a la moda de las fiestas silenciosas con una noche ibicenca en Beade

    por Redacción
    28 de Jun, 2022
    0

    Tres detenidos, uno de ellos herido, en una pelea con machetes en el montaje de las fiestas de Coia

    Tres detenidos, uno de ellos herido, en una pelea con machetes en el montaje de las fiestas de Coia

    por Redacción
    30 de Jun, 2022
    0

    -

    El Festival Latitudes de Vigo agota sus abonos más baratos en una hora

    por David Lorenzo
    01 de Jul, 2022
    0
    El Festival Latitudes de Vigo agota sus abonos más baratos en una hora
    Música

    Vigo ha acogido con los brazos abiertos la celebración del Festival Latitudes. Era el único evento musical, dentro de los...

    Leer mas

    Los solpores gastronómicos por la ría de Vigo vuelven con más aforo y menú actualizado

    por David Lorenzo
    01 de Jul, 2022
    0
    Los solpores gastronómicos por la ría de Vigo vuelven con más aforo y menú actualizado
    Gastronomía

    Vuelve a Vigo el evento veraniego ‘Solpor a Bocados’, organizado por la Asociación Vigo Gastronómico, que realizará el martes 5...

    Leer mas

    Abierto el plazo de ayudas para rehabilitar, comprar o alquilar vivienda

    por Redacción
    28 de Jun, 2022
    0
    Abierto el plazo de ayudas para rehabilitar, comprar o alquilar vivienda
    Vivienda

    Rehabilitación de viviendas, renovación de fachadas, o ventanas, redacción de proyectos técnicos o incluso la compra de vivienda habitual en...

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    ¡Bienvenido/a!

    Inicia sesión con los siguientes datos

    Recuperar contraseña

    Recupera tu contraseña

    Introduce tu usuario y correo para resetear tu contraseña.

    Iniciar sesión
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado

    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.

    Non-necessary

    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.

    GUARDAR Y ACEPTAR