A actividade, na que participarán alumnado e profesorado da cidade pero tamén está aberta á cidadanía en xeral, estaba programada para as 12.00 horas cun percorrido que comezaba na confluencia de Urzaiz e Príncipe para logo continuar pola rúa peonil, a Porta do Sol, a Praza da Princesa, a Praza da Constitución, a Rúa dos Cesteiros, a Praza de Almeida, a Praza da Pedra, a Rúa Real e a Praza da Igrexa.
Durante a andaina, os participantes poderán coñecer os lugares máis representativos de Vigo acompañados dun guía que afondará na historia e a evolución que experimentou a cidade. É a primeira vez que a institución provincial se une a esta iniciativa que a ONU conmemora dende o 2013 e que este ano leva por lema “Mellor cidade, mellor vida. Solucións innovadoras e unha mellor vida para as futuras xeracións”.