Doutra banda, Abel Caballero anunciou que as obras na zona da Alameda non acabaron e que no próximo mes comezará a » rehumanización» da rúa Luis Taboada. O alcalde lamentou que a rúa, reformada polo goberno anterior á súa chegada, hai pouco máis de dez anos, precise dunha nova actuación municipal.
«Con Luis Taboada está a pasar o mesmo que sucedeu na Praza de Compostela, en García Olloqui e en Marqués de Valladares: a humanización, que se fixo cun goberno do PP, foi unha calamidade», asegurou Caballero, quen recordou os afundimentos de Marqués de Valladares a modo de exemplo.
«Dentro dun mes iniciamos a nova humanización de Luis Taboada», anunciou Caballero, quen detallou que se levantará o firme actual e será substituído polo recentemente posto en Praza de Compostela e García Olloqui
Na mesma sesión, a Xunta de Goberno Local adxudicou a humanización da Avenida Atlántida, que contempla un orzamento próximo ao medio millón de euros e un prazo de execución de seis meses. O Concello, engadiu Abel Caballero, actuará nesta fase no tramo comprendido entre Casiano Martínez e o número 100 da Avenida, na marxe par. O alcalde avanzou que en próximas fases se continuará coa humanización do resto do vial..