Nunha carta enviada á concelleira de Urbanismo da cidade olívica, María José Caride, o director do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, solicitou que estes pisos sexan destinados a casos de especial vulnerabilidade porque responden ás características recollidas no convenio asinado entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), que ten como obxectivo habilitar as vivendas de particulares, empresas e organismos que se atopan desocupadas.
O Executivo autonómico comprométese a financiar unha serie de garantías, como un seguro multirrisco do fogar e un seguro de garantía do cobro da renda nas mensualidades non pagadas, que inclúe asistencia e defensa xurídica.
Na misiva, o director do IGVS indica que a normativa impide manter durante máis de catro anos vivendas sociais deshabitadas e sinala que neste tempo o propio Concello solicitou á Xunta a adxudicación de vivendas autonómicas a vítimas de malos tratos.