Ademais, apuntan que o maxistrado non só se basea nunha lei autonómica, senón tamén cita unha normal estatal. “Cómpre sinalar que o maxistrado fai referencia a dúas leis, a do 2017 da Xunta e a lei estatal de Ordenación dos Transportes Terrestres de 1987. Esta última recolle, no artigo 71, que os transportes públicos regulares de viaxeiros de uso xeral teñen carácter de servizo público de titularidade da Administración, ‘podendo ser utilizados, sen discriminación, por calquera persoa que o desexe nas condicións establecidas nesta lei e nas normas ditadas para a súa execución e desenvolvemento’”, prosegue a nota de prensa. Por iso, cren que o rexedor está a “insultar á intelixencia” e a “desviar a atención”.
A Xunta considera que “queda por tanto claro que o alcalde se extralimitou ao restrinxir o uso da tarxeta do transporte municipal ao resto de cidadáns da área metropolitana”. Por iso, agardan desde o Goberno galego que Caballero “desista na súa actitude de bloqueo e facilite finalmente que o transporte público na área se poña á altura do que funciona no resto das cidades galegas”.
Ademais, reiteran que Vigo e os seus cidadáns saen “perdendo” coa “cerrazón” do alcalde, xa que, segundo manteñen, mentres nas áreas da Coruña, Santiago, Lugo ou Ferrol os usuarios teñen acceso a aforros nos seus desprazamentos, que poden chegar ata os 1.000 euros ao ano, en Vigo eses aforros son 400 euros inferiores. Asemade, non inclúen os transbordos gratuítos que no resto urbes financia a administración autonómica.
Artigos relacionados:
Un auto judicial obliga a conceder la Pass Vigo sin restricciones
Caballero culpa del auto contra la Pass Vigo a una normativa de la Xunta
“La gente ya vino a preguntarnos cuándo se puede pedir la tarjeta”