«Aviso informativo», recolle a parte superior da nota impresa e continúa en vermello con «Vostede atópase estacionado nunha zona prohibida». Por último, engade que «Vaise a proceder á súa denuncia voluntaria (Real Decreto Legislativo 6/2015 Ley de Tráfico Circulación de Vehículos a Motor y Seguridad Vial), que será remitada á Policía Local para a súa tramitación, se procede». O papel ten como asinante «A Xerencia», polo que deste xeito a dirección do Hospital Álvaro Cunqueiro avisa de posibles infraccións.
Este non é a primeira vez que aparecen papeis ‘informativos’ nos coches estacionados nas inmediacións do Hospital Álvaro Cunqueiro, pero noutras ocasións estas notas non aparecían asinadas. Agora é a Policía Local e o concello de Vigo o competente para sancionar ou non os propietarios dos vehículos. No seu día o alcalde de Vigo, Abel Caballero, indicou que os municipais non tramitarán estas denuncias debido ós problemas de estacionamento no entorno do novo centro hospitalario e as tarifas especialmente altas do aparcadoiro de pago.