• VigoÉ
  • MAPA de Contagios y Restricciones Vigentes

    Consulta los mapas de contagios y restricciones covid en Galicia.
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    miércoles, 21 de abril de 2021
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A UVigo, primeira universidade española na que as mulleres accederán gratuitamente a produtos de hixiene feminina

    Desde o xoves, compresas e tampóns estarán dispoñibles nas delegacións de alumnado. “A medida pretende loitar contra a pobreza menstrual”, explica a directora da Unidade de Igualdade
    Redacción por Redacción
    08 de Mar, 2021
    en Local
    0
    A UVigo, primeira universidade española na que as mulleres accederán gratuitamente a produtos de hixiene feminina
    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    En novembro de 2020 Escocia convertíase no primeiro país do mundo en garantir por lei o acceso gratuíto a compresas e tampóns. Meses máis tarde, en febreiro desde ano, foi Nova Zelandia quen anunciaba que, a partir de xuño, proporcionará produtos de hixiene feminina gratis en todos os colexios do país, mentres que Francia confirmaba, tamén o mes pasado, que repartirá a partir do vindeiro curso compresas e tampóns ás estudantes universitarias. Hoxe, coincidindo coa celebración do Día internacional da muller, é a Universidade de Vigo a que se confirma como a primeira institución de educación superior en España na que as mulleres que forman parte da súa comunidade poderán acceder de xeito gratuíto e universal a compresas e tampóns, produtos de hixiene íntima nos que se calcula que unha muller pode gastar ata 6000 euros ao longo da súa vida e, que no caso de España, están gravados cun 10% de IVE, e non cun 4%, que se aplica aos bens considerados de primeira necesidade.

    “Esta medida é un exemplo real do compromiso deste equipo de goberno por facer unha universidade máis igualitaria e xusta, máis neste contexto de crise derivado da pandemia que está a afectar principalmente ao empobrecemento das mulleres en termos de perda de postos de traballo, incremento de fenda salarial e de xénero nos usos de tempos, etc, e que, como no caso de Francia ou Escocia, pretende loitar contra a chamada pobreza menstrual, que afecta sobre todo ás mulleres”, explica Águeda Gómez, directora da Unidade de Igualdade da UVigo. 

    Será a partir do vindeiro xoves, 11 de marzo, cando nas delegacións de alumnado das facultades e escolas dos tres campus, as alumnas, docentes e investigadoras e persoal de administración e servizos poderán acceder de xeito gratuíto e universal a compresas e tampóns, que nun prazo breve de tempo, estarán a súa disposición en dispensadores, que se localizarán nos baños de mulleres da universidade. “Dende que existe a humanidade, a menstruación estivo presente, tal e como indican algunhas expertas e expertos en prehistoria. Parece que, segundo algunhas hipóteses aínda non concluíntes, incluso hai unha relación entre as primeiras taboiñas prehistóricas que amosan a contabilidade e certas operacións matemáticas e os ciclos menstruais (conxetura Zaslavsky). Por iso a menstruación é un proceso natural e esta medida resulta un xeito de normalizar unha necesidade das mulleres”, sinala a directora da Unidade de Igualdade, que destaca a proactividade da UVigo á hora de acabar coas dinámicas sociais que historicamente excluíron e infravaloraron ás mulleres e as súas necesidades específicas. 

    Activismo menstrual da UVigo

    Co acceso gratuíto e universal para as mulleres da institución académica viguesa a tampóns e compresas, a partir do vindeiro xoves, a UVigo non só se converte na primeira universidade española en adoptar esta medida contra a pobreza menstrual, senón que confirma o seu “activismo menstrual”, que arrancou o 8M do 2019, cando a celebración do Día internacional da muller pivotou sobre esta cuestión, “como emblema dunha xeración de mozas que escollen o corpo como auténtico símbolo político feminista, e ao sangrado como ‘berro’ fronte a misoxinia que aniña aínda na nosa cultura”, lembra Águeda Gómez. Esta idea foi a que se materializou daquela na cartelaría institucional do 8M coa fotografía artística realizada pola alumna da Facultade de Belas Artes Nuria Ferreiro, que inclúe un emblemático poema de Rupi Kahur titulado Period, así como a performance Conax da exlumna Sandra Varela e a exposición sobre o ciclo menstrual das estudantes de Educación Social Tania Gándar, Iria Liñares, Sonia Leiro e Ana Mella, froito dun traballo nas aulas coas súas docentes expertas en xénero Purificación Mayobre e Carmen Armada, coa que invitaban á reflexión colectiva arredor deses elementos.

    Para Águeda Gómez, a UVigo non pode permanecer allea ás desigualdades de xénero, que se están a incrementar coa pandemia e así contribuír, pouco a pouco, a facer deste un mundo máis xusto, igualitario e humano. “Esta é unha medida que restitúe este agravio histórico patriarcal que sempre desestimou, invisibilizou, excluíu e non considerou as necesidade vitais e sociais das mulleres”, asegura a directora da Unidade de Igualdade.

    Un 8M no 2021 que muda o mundo desde o feminismo

    A celebración do 8M xira na UVigo neste 2021 arredor do lema Mudamos o mundo desde o feminismo: aprendemos a mirar, co que se queren recoñecer as achegas da teoría feminista e do movemento feminista na incorporación da perspectiva de xénero, entendida como mirada crítica sobre as desigualdades que sofren as mulleres en todas as esferas da realidade social, incluíndo a educación, a cultura, o poder, a saúde, a academia e a ciencia. 

    Nun formato totalmente virtual, que poderá seguirse en directo a través de UVigoTV, mañá martes terá lugar o acto institucional de celebración do Día internacional da muller. A partir das 12.00 horas, o reitor, Manuel Reigosa, será o encargado de abrir a celebración Tras unha actuación musical do grupo galego Blues do País, formado por Bieita James e Pepe King, será o reitor, Manuel Reigosa, quen abra a celebración, na que terá lugar a entrega do noveno Premio do compromiso coa igualdade de xénero da Universidade de Vigo, uviguala 2021, que representa o compromiso da institución por acabar coa desigualdade entre homes e mulleres, así como o recoñecemento ao esforzo e ao traballo desenvolvido polas persoas galardoadas.

    Así mesmo, este 8M ofértase a 4ª edición do Itinerario virtual de formación en xénero, que oferta un total de 17 cursos , oito máis que en edicións anteriores. “Ao longo das próximas semanas tamén realizaremos outras accións arredor deste Día internacional, en relación con algunha das medidas recollidas no recentemente aprobado II Plan de igualdade da UVigo, sobre o novo distintivo de igualdade e tamén sobre a saúde sexual das mulleres, concretamente sobre a endometriose, entre outras”, explica Águeda Gómez. 

    Tags: Universidade de VigoUVigo

    RelacionadosArtículos

    Vigo xa é a primeira universidade de España en recoñecer cun distintivo as escolas e facultades máis igualitarias
    Local

    Vigo xa é a primeira universidade de España en recoñecer cun distintivo as escolas e facultades máis igualitarias

    09 de Abr, 2021
    La UVigo concluye que la cuarta ola es un «riesgo real» tras un análisis de aguas en 11 depuradoras de Galicia
    Covid-19

    La UVigo concluye que la cuarta ola es un «riesgo real» tras un análisis de aguas en 11 depuradoras de Galicia

    09 de Abr, 2021
    Gustavo Zerbino, ‘superviviente de los Andes’, hablará para Vigo sobre  ‘Gestión de la adversidad’
    Economía

    Gustavo Zerbino, ‘superviviente de los Andes’, hablará para Vigo sobre ‘Gestión de la adversidad’

    31 de Mar, 2021
    Vigo busca fondos europeos para una  fábrica de circuitos y laboratorio de I+D con 150 empleos
    Economía

    Vigo busca fondos europeos para una fábrica de circuitos y laboratorio de I+D con 150 empleos

    25 de Mar, 2021
    Zona Franca – UVigo
    Opinión

    Zona Franca – UVigo

    22 de Mar, 2021
    La UVigo prepara su desembarco en el centro de la ciudad
    Local

    La UVigo prepara su desembarco en el centro de la ciudad

    15 de Mar, 2021

    Más Vistos

    Una mujer de 72 años fallece en Vigo atragantada con un trozo de carne

    Una mujer de 72 años fallece en Vigo atragantada con un trozo de carne

    por Redacción
    18 de Abr, 2021
    0

    bomberos vigo accidente puxeiros rescate heridos

    La mujer fallecida en Puxeiros iba a vacunarse y cambió de sentido en plena AP-9

    por Redacción
    15 de Abr, 2021
    0

    Galicia abre la mano con la hostelería, con condiciones, y retrasa el inicio del toque de queda

    Galicia abre la mano con la hostelería, con condiciones, y retrasa el inicio del toque de queda

    por David Lorenzo
    14 de Abr, 2021
    0

    Terraza hostelería Vigo

    El comité clínico endurece las medidas en Vigo y Ponteareas

    por Redacción
    20 de Abr, 2021
    0

    La receta de BonPollo

    https://www.youtube.com/watch?v=ZNHiTTvhgZ0

    Evoluciona favorablemente la paciente ingresada en Vigo por una trombosis tras ser vacunada con AstraZeneca

    por David Lorenzo
    21 de Abr, 2021
    0
    Galicia roza los 200 fallecidos por coronavirus en la última semana, 24 en el área de Vigo
    Covid-19

    La mujer de 63 años vacunada con AstraZeneca que tuvo que ser ingresada la semana pasada debido a una trombosis...

    Leer mas

    Un conductor implicado con Makelele en el accidente mortal de un matrimonio en Vigo empotra su coche y da positivo en drogas

    por Redacción
    21 de Abr, 2021
    0
    accidente mortal matrimonio vigo 2008 juicio
    Sucesos

    Un vecino de Vigo resultó herido la madrugada de este miércoles al empotrar su vehículo contra el cierre de una...

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    ¡Bienvenido/a!

    Inicia sesión con los siguientes datos

    Recuperar contraseña

    Recupera tu contraseña

    Introduce tu usuario y correo para resetear tu contraseña.

    Iniciar sesión
    VigoÉ
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado

    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.

    Non-necessary

    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.

    GUARDAR Y ACEPTAR