• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 2 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    uvigo

    A UVigo aproba un orzamento récord de 248,8 millóns para 2024 e un límite de 5.606 prazas de novo ingreso

    As contas sometaranse de novo a votación este xoves no pleno do Consello Social
    Redacción por Redacción
    26 de Dic, 2023
    en Local
    0
    A UVigo aproba un orzamento récord de 248,8 millóns para 2024 e un límite de 5606 prazas de novo ingreso para o vindeiro curso

    O Consello de Goberno da Universidade de Vigo celebrou este martes a súa derradeira sesión deste ano. Nela aprobouse por ampla maioría -38 votos a favor, tres en contra e dúas abstencións- a proposta de orzamentos da institución académica para 2024, que ascende á cifra récord de 248,8 millóns de euros, orzamentos que, de novo, se someterán a votación este mesmo xoves no pleno do Consello Social, para, posteriormente, ser enviados á Xunta de Galicia para a súa aprobación definitiva. Xunto aos orzamentos, o Consello de Goberno tamén deu o seu visto e bo ao límite de prazas de novo ingreso en grao e mestrado para o curso académico 2024/2025, que nesta ocasión ascende a 5606 prazas, unha cifra moi similar á do actual curso, así como á Memoria de Responsabilidade Social Corporativa do ano 2022.

    Foi unha sesión con marcado carácter económico na que tamén se aprobou -con 40 votos a favor, un en contra e dúas abstencións- o teito de gasto non financeiro para 2024 por importe total de 180,2 millóns de euros e na que o reitor, tras o debate acontecido no Claustro do pasado venres, se amosou “absolutamente tranquilo” cos orzamentos aprobados, insistindo na idea de que que “as contas están ben botadas” e que o seu equipo deixará “moi ben encamiñada a Universidade para o futuro”, pendentes, “iso si”, de mellorar o cadro de PAS e facer unha nova Relación de Postos de Traballo, “máis moderna e acaída cos tempos que corren”.

    “Equilibrio orzamentario desde 2012”

    Da presentación das liñas básicas do orzamento 2024 encargouse a xerente, Yolanda Lesmes, quen fixo fincapé no “mantemento do equilibrio orzamentario” mantido pola institución desde o ano 2012, así como na idea de que o Plan de Financiamento do SUG favorece a dotación da Universidade de Vigo, se ben, haberá que estar pendente da execución do compromiso de destinar o 1% do PIB ás universidades, algo no que a Xunta de Galicia xa se pronunciou de maneira positiva. A este aspecto tamén se referiu o reitor, quen adiantou que, de cumprirse este compromiso “a suficiencia financeira de todo o sistema universitario galego vai estar máis que asegurada”.

    Segundo explicou Lesmes, o capítulo I supón o de maior peso nos conceptos do orzamento de gasto. Coa súa dotación cóbrese os incrementos salariais anunciados ou aprobados polo Estado, e as políticas de persoal desenvoltas polo goberno da Universidade a prol da estabilización, unificación dos réximes xurídicos, e retención do talento. “Queda por diante o reto do relevo se atendemos a idade media do persoal”, salientou Lesmes, quen tamén recordou que o orzamento contempla iniciativas de alto interese para a Universidade, caso, por exemplo, do Edificio de Ciencias Aeroespaciais, a transformación do antigo Hospital Provincial de Pontevedra e o proxecto da ETEA.

    “A Universidade segue a dispoñer de recursos propios para atender o gasto estrutural non financiado por outros axentes, pero dito isto, deberán empregarse esforzos para adoitar medidas orientadas a consolidar os ingresos que garantan a estabilidade orzamentaria e a saúde financeira da Universidade, obtención de recursos e a racionalización do gasto”, recalcou a xerente na súa exposición.

    Tras a presentación dos orzamentos realizada pola xerente e previo ás votacións, a docente e investigadora Coral del Río Otero, en nome de Nós Universidade, explicou o voto en contra deste colectivo a este proxecto de orzamentos en base a todas as ideas xa expostas o pasado venres no Claustro universitario. “Ano a ano temos uns gastos correntes que superan aos ingresos correntes, non se trata dunha situación conxuntural, senón que é algo que se vén dando sistematicamente e que nos preocupa seriamente”, recalcou a docente, ao tempo que lamentou que o debate xerado no Claustro  non servise para cambiar ningún aspecto da presentación dos orzamentos realizada pola xerente. “Economicamente estamos peor que fai cinco anos para acometer os grandes obxectivos que ten a UVigo, empezando polo reto da renovación do cadro de persoal”, explicou a voceira de Nós Universidade no Consello de Goberno. A maiores, contouse tamén coa intervención, desde o Persoal de Administración e Servizos, de Anabel G. Penín, quen lamentou a “falta de compromiso deste equipo de goberno coa política de PAS”, ademais de amosar moitas inquedanzas ao respecto dos orzamentos en base ao exposto polo profesor Juan Carlos Surís no Claustro. 

    En resposta a estas inquietudes de parte da comunidade universitaria o reitor explicou que no ano 2025 rematarase co pago dos empréstitos que se fixeran no seu día, “que nós herdamos e que forman parte do orzamento en cada un dos anos”. Así mesmo, lembrou que Vigo é unha das poucas universidades que cumpre co establecido na LOSU en canto ao financiamento que se dedica a investigación. “Por outra banda, penso que tamén podemos loarnos de que, incluso nestes dous anos nos que subiron moito os custes de persoal, aínda así, estamos aí, e, por outra banda, a enorme calidade do noso persoal investigador fai que teñamos un éxito impensable en todas as convocatorias, moi especialmente a nivel internacional, e isto tamén nos dá certo músculo”, recalcou Reigosa.

    Proposta de límites de prazas

    Ao marxe dos temas económicos, o Consello de Goberno aprobou por asentimento un límite de 5606 prazas de novo ingreso para o vindeiro curso, 3837 para titulacións de grao (dúas menos ca este curso) e de 1769 para titulacións de mestrado (65 máis). Esta cifra está pendente da resolución da Secretaría Xeral de Universidades e de que o Ministerio de Defensa aprobe as prazas correspondes ao Grao en Enxeñería Mecánica e as do Mestrado en Dirección TIC para a Defensa. 


    Entre as maiores novidades na proposta de oferta de prazas para o vindeiro curso, presentada no Consello de Goberno por Alfonso Lago, vicerreitor de Titulacións e Innovación Docente, está a implantación por primeira vez na UVigo de cinco Programas Académicos de Percorridos Sucesivos (PARS). Neles o alumnado que se matricule ten a oportunidade (que non reserva de praza) de poderse matricular nun mestrado antes de rematar o grao (sempre que non lle queden máis de 30 ECTS e cumpra as condicións correspondentes que se indican na normativa). Os PARS propostos para o curso 2024/2025 na UVigo son no Mestrado en Enxeñaría Biomédica vía Grao en Enxeñaría Biomédica (8 prazas); no Mestrado en Enxeñaría Industrial vía Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais (10 prazas); no Mestrado en Enxeñaría de Telecomunicación vía Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (15 prazas); no Mestrado en Enxeñaría Informática vía Grao en Enxeñaría Informática (5 prazas) e no Mestrado en Enxeñaría Aeronáutica vía Grao en Enxeñaría Aeroespacial (5 prazas). As prazas deste programas retrotráense das prazas de novo ingreso correspondentes dos graos de entrada aos mesmos.

    Como novidade en titulacións de grao, a UVigo propón a posta en marcha do Grao en Enxeñaría da Automoción con mención dual, adscrito á Escola de Enxeñería Industrial, estando aínda pendente de ter os informes favorables da Secretaria Xeral de Universidades e da Acsug. O título proposto ofertaría 20 prazas, contando coa colaboración do clúster da automoción, xa que o alumnado realizaría 48 créditos do último curso en empresas desta industria. Respecto á oferta de grao, tamén se aprobou a proposta de modificacións, co obxectivo de “axustar oferta e demanda”, no Grao de Relacións Laborais e Recursos Humanos (pasando de 72 a 70 prazas) e no Grao de Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos (de 50 a 30 prazas). No Grao de Dirección e Xestión Pública, a proposta aprobada é manter o número de prazas (45) pasando cinco delas da modalidade presencial á virtual, quedando en 20 presenciais e 25 virtuais. O resto de graos manteñen a súa oferta de prazas de novo ingreso do curso 2023/2024, salvo os que participan nos PARS, que como se indicou retrotraen o número de prazas ofertadas en cada caso para estes programas. 

    En mestrado, a oferta increméntase coa proposta de tres novos títulos interuniversitarios, actualmente en proceso de verificación na Acsug: de Biofabricación (7 prazas na UVigo e adscrito ao Centro de Posgrao e Formación Permanente); Ensinanza do Español como Segunda Lingua Estranxeira ou Segunda Lingua (8 prazas na UVigo e adscrito á Facultade de Filoloxía e Tradución) e Internet das Cousas IoT (20 prazas na UVigo e adscrito á Escola de Enxeñaría de Telecomunicación). Ademais, para o curso 2024/2025 ofértase o Mestrado en Ciencia e Tecnoloxía de Conservación de Produtos da Pesca, mestrado bianual adscrito á Facultade de Química. Entre outras modificacións, tamén está a solicitude do incremento en dúas prazas do Mestrado de Química Teórica e Modelización Computacional (interuniversitario), e a adaptación do número de prazas en Enxeñaría de Telecomunicación e Enxeñaría Industrial, que ofertarán respectivamente 25 e 50 prazas. Non se impartirá o vindeiro curso o Mestrado en Xestión do Desenvolvemento Sostible.  

    Na última sesión do Consello de Goberno deste ano tamén se aprobou a tramitación da modificación do título de Máster Universitario en Biofabricación, que pasa a ter como centro de impartición responsable o Centro de Posgrao e de Formación Permanente. Igualmente, aprobouse por asentimento a programación docente anual de titulacións de grao e mestrado para o curso 2024/2025. Ademais, aprobouse a tramitación das modificacións non substanciais das titulacións de grao, mestrado e programas de doutoramento para a súa adaptación ao RD 822/2021.

    Condena dos actos vandálicos acontecidos en Ourense

    No seu informe ao Consello de Goberno, o reitor fixo constar o seu rexeitamento aos actos vandálicos acontecidos no campus de Ourense que atentaron contra a exposición Resalire dedicada ás persoas que saen de centros tutelados. Feita esta aclaración, Reigosa destacou que se está a traballar, a petición do decano da Facultade de Filoloxía e Tradución, no recoñecemento de linguas do estudantado que ten recollidas estas competencias nos seus plans de estudo, algo que se estendará a outras titulacións nas que tamén se impartan linguas. 

    Como feitos máis destacados das últimas semanas o reitor lembrou a  sinatura do convenio de infraestruturas coa Xunta de Galicia, “que nos vai permitir realizar diferentes edificios nos vindeiros catro anos”, facendo fincapé neste sentido en que xa está iniciado o proceso para a construción do edificio de Aeroespaciais, ao que lle seguirán o resto de edificios que xa estaban previstos. A maiores, informou tamén que se está a debater na Armada a posible modificación do título que se  imparte no Centro Universitario da Defensa de Marín, algo que xa se produciu noutros en centros similares e que iría encamiñado cara impartir “un título de carácter máis xeneralista e non tan esixente en termos de horas de estudo”.  Por outra banda, tamén adiantou que se está a traballar cos coordinadores do Máster de Educación Secundaria nunha posible ampliación de prazas para esta titulación, “algo que se faría para toda Galicia”.

    De maneira adicional Reigosa informou que se está a traballar na definición de procesos de estabilización do profesorado asociado previsto na LOSU e, tal e como fixo o pasado venres no Claustro, referiuse ás actuación que se están a levar a cabo en relación co reequilibrio de áreas. Segundo explicou, neste momento estase a traballar na CRUE para que os sobrecostes de posta en marcha da LOSU, dado que hai mudanzas en canto ao número de horas que poden impartir as distintas figuras docentes, sexan asumidos polo Ministerio, quen enviaría este diñeiro directamente ás diferentes consellerías, indicando xa canto lle toca a cada Universidade. “No noso caso sería conveniente aproveitar estas circunstancias para facer un reequilibrio de áreas, algo que nos gustaría facer de maneira acordada cos diferentes departamentos”, explicou Reigosa.

    Memoria de Responsabilidade Social e outros temas

    Maribel Doval, vicerreitora de Benestar, Equidade e Diversidade, foi pola súa banda a encargada de presentar para a súa aprobación a Memoria de Responsabilidade Social da UVigo correspondente ao ano 2022. “Esta memoria pretende un ano máis facilitar o seguimento e promoción das actuacións de responsabilidade social universitaria de forma harmonizada coa Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e así continuar co traballo iniciado en 2018 co inicio da dirección de Área de Responsabilidade Social na institución”, afirmou. Con este documento, engadiu, xunto co recentemente aprobado Informe de Transparencia 2022, “queremos amosar o compromiso da UVigo de avanzar na solidariedade, a igualdade, a cooperación ao desenvolvemento, o respecto polo medio ambiente e a celebración da diversidade”. Para iso, e en primeiro lugar, o informe aprobado ofrece unha imaxe xeral da institución a través da Universidade de Vigo en cifras, para despois afondar na contribución da institución á consecución dos ODS, facendo un seguimento dos indicadores de desenvolvemento sostible da institución. “A memoria reflicte que todas as persoas da comunidade UVigo temos integrado o concepto de responsabilidade social no noso acervo cultural e facemos da rendición de contas e do diálogo cos grupos de interese un hábito cada vez máis consolidado”, afirmou a vicerreitora. 

    Na derradeira sesión do ano do órgano de goberno tamén se aprobou por asentimento a política OTM-R ( de contratación aberta, transparente e baseada en méritos) da Universidade de Vigo. Con ela, “a UVigo, como institución adherida aos estándares do programa HR Excelencia na Investigación desde o ano 2016, comprométese a desenvolver e aplicar os principios establecidos na carta europea para o persoal investigador e no código de conduta para contratar persoal investigador relacionados coa contratación do seu persoal investigador”. Trátase, afirmou Belén Rubio, vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación, “de referendar o que xa estamos facendo e ter un documento que recolla que a UVigo apoia esta política OTM-R”. Igualmente tiveron o visto bo do Consello de Goberno a convocatoria de concesión de anos sabáticos (co mesmo contido de anos anteriores) para o vindeiro curso académico e o modelo de convenio interinstitucional para o recoñecemento mutuo de créditos entre a UVigo e universidades sociais para a obtención dunha dobre titulación internacional en grao ou mestrado. 

    43

    Tags: UVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    Abierta la preinscripción para los 67 másteres oficiales de la UVigo
    Local

    Abierta la preinscripción para los 67 másteres oficiales de la UVigo

    25 de Jun, 2025
    O Programa de Maiores retoma hoxe en Vigo as súas charlas abertas á cidadanía
    Local

    O Programa de Maiores retoma hoxe en Vigo as súas charlas abertas á cidadanía

    17 de Jun, 2025
    UVigo y Confederación de Empresarios de Pontevedra firman un acuerdo para impulsar la formación a medida
    Economía

    UVigo y Confederación de Empresarios de Pontevedra firman un acuerdo para impulsar la formación a medida

    16 de Jun, 2025
    La UVigo lidera SecrioNet, una red científica nacional para el desarrollo y la colaboración en criobiología
    Local

    La UVigo lidera SecrioNet, una red científica nacional para el desarrollo y la colaboración en criobiología

    11 de Jun, 2025
    Román Rodríguez destaca el talento y la preparación del alumnado de Ingeniería Industrial que se gradúa en la UVigo
    Local

    Román Rodríguez destaca el talento y la preparación del alumnado de Ingeniería Industrial que se gradúa en la UVigo

    10 de Jun, 2025
    La campana (oceanográfica) de la ciudad cumple 12 años conectando el mundo con el mar
    Local

    La campana (oceanográfica) de la ciudad cumple 12 años conectando el mundo con el mar

    07 de Jun, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    59

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La noria concluye su montaje horas antes de empezar las fiestas de Coia: este es el programa de verbenas

    «Caballero no quería fiestas en Vigo ni atracciones de feria porque no tiene medios para revisarlas»

    por Redacción
    24 de Jun, 2025
    0

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    por Redacción
    28 de Jun, 2025
    0

    Despliegue policial en la antigua estación de buses de Vigo por tres menores escondidos

    Caballero veta (también) la reforma de la vieja estación: «Si la Xunta quiere invertir en Vigo tiene infinitas oportunidades»

    por Europa Press
    30 de Jun, 2025
    0

    La noria concluye su montaje horas antes de empezar las fiestas de Coia: este es el programa de verbenas

    Caballero rectifica y trata ahora de salvar la fiesta de Coia

    por Redacción
    27 de Jun, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    45

    MÁS VIGO

    Curioso rincón de la Rúa Príncipe de Vigo
    Más Vigo

    Curioso rincón de la Rúa Príncipe de Vigo

    Este entorno de la Rúa Príncipe, en la ciudad de Vigo, ha sufrido cambios en el contenido de sus locales,...

    por Julio Alonso
    01 de Jul, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo
    Más Vigo

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo

    Hijo del constructor vigués Benito Gómez González, desde niño mostró interés por el trabajo en piedra y la labor de...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Nov, 2015

    LIBROS

    La Feria del Libro de Vigo cita a los mejores autores gallegos y rinde tributo al inolvidable Domingo Villar
    Libros

    La Feria del Libro de Vigo cita a los mejores autores gallegos y rinde tributo al inolvidable Domingo Villar

    La Praza de Compostela se ha convertido este martes en el epicentro de la cultura gallega con la inauguración de...

    por Redacción
    01 de Jul, 2025

    OPINIÓN

    2022, el año de la unión y movilización enfermera
    Opinión

    De nuestra extra, que no se coman ni un euro

     Por Asunción Maus, secretaria general de SATSE Galicia. Las enfermeras y fisioterapeutas que trabajamos en el Servizo Galego de Saúde...

    por Redacción
    28 de Jun, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR