• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 1 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A UVigo acada, con 3.877 estudantes, a mellor cifra de alumnado de novo ingreso de grao dos últimos sete anos

    Entre todas as etapas, a matrícula acada os 19.918 estudantes
    Redacción por Redacción
    20 de Dic, 2023
    en Local
    0
    A UVigo acada, con 3.877 estudantes, a mellor cifra de alumnado de novo ingreso de grao dos últimos sete anos

    A matrícula acada os 19.918 estudantes, dos cales 15.901 son de grao, 2.143 de mestrado, 1.381 de doutoramento e 493 do Programa universitario para Maiores. Estas son as cifras globais de matrícula na Universidade de Vigo neste curso 2023/2024, lixeiramente superiores ás do curso pasado, cando se formaban nas aulas dos tres campus 19.785 persoas. Con todo, a evolución temporal non deixa marxe á dúbida e a crise demográfica xa se reflicte nunha lenta pero constante baixada de alumnado, afastándose pouco a pouco dos 20.552 estudantes do curso 2018/2019 ou dos 20.274 no 2021/2022.

    O aspecto máis positivo das cifras de matrícula son os 3877 mozos e mozas que apostaron por comezar os seus estudos de grao este curso na UVigo, a cifra máis alta dos últimos sete anos. Dado que se ofertaron 3.839 prazas de novo ingreso, 48 máis co curso pasado, a taxa de ocupación queda no 101%, “moi similar á do curso 2020/2021, curso pospandemia e que foi o mellor e o único no que se superou o 100% nos últimos seis anos”, como destaca a vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade, Natalia Caparrini.

    Volvendo ás cifras globais deste curso, dos 19.918 estudantes matriculados en todas as etapas, o 53% pertence ao campus de Vigo (10.645), seguido polo de Ourense, onde estuda o 25% das persoas matriculadas (5058) e de Pontevedra, co 21% (4215). 

    101% de taxa de ocupación nas prazas de novo ingreso de grao

    A oferta de grao na UVigo neste curso está composta por 63 titulacións, 31 en Vigo, 19 en Ourense e 13 en Pontevedra, unha listaxe que se foi incrementando ano tras ano, pasando das 56 titulacións que se ofertaban no curso 2017/2018 ás 59 dos dous cursos seguintes e chegando a 62 no 2020/2021. 

    Para este curso ofertáronse un total de 3.839 prazas de novo ingreso, 48 máis co curso pasado e matriculáronse 3.877 estudantes (1.821 mozos e 2.056 mozas), o que deixa unha taxa de ocupación do 101%. Destaca neste sentido Pontevedra, que é o campus cunha maior taxa de ocupación, un 107% (907 estudantes para 850 prazas), seguida de Ourense cun 101% (1.021 estudantes para 1.015 prazas) e Vigo cun 99% (1.949 para 1.974 prazas). 

    A evolución da matrícula en grao é positiva respecto dos últimos cursos, senda crecente nos últimos anos, que permite pasar dos 3.694 do curso 2017/2018 a 3.804 no curso 2020/2021 e, tras dous cursos de lixeira baixada, volver a recuperar cifras previas neste ano cos 3.877.

    No que atinxe ás titulacións con maior taxa de ocupación, no campus de Ourense son os graos de Dereito, cunha taxa do 132%; o PCEO ADE-Dereito con 130%; e Xeografía e Historia cun 128%. A titulación con máis estudantes de novo ingreso é Enxeñaría Informática, que ofertaba 147 prazas e na que se matricularon 156 mozos e mozas. En Pontevedra, a titulación máis demandada, cunha taxa do 127%, é o grao en Educación Primaria, seguido de Fisioterapia con 126% e Comunicación Audiovisual con 114%. A titulación con máis estudantes de novo ingreso é Belas Artes, na que se matricularon 134 estudantes, por riba das 130 prazas ofertadas. En Vigo as maiores taxas de ocupación rexístranse nos PCEO de Enxeñaría Mecánica e Electrónica Industrial e Automática (160%), PCEO de Enxeñaría Biomédica e Electrónica Industrial e Automática (150%) e PCEO de Enxeñaría Biomédica e Mecánica (133%) aínda cabe subliñar que son titulacións que ofrecen prazas reducidas (10, 6 e 6 respectivamente) que teñen moita demanda. A titulación na que se matricularon máis estudantes de novo ingreso foi Administración e Dirección de Empresas, que ofrecía 200 prazas e matriculou 224 estudantes.

    A matrícula nos mestrados, na liña de anos anteriores 

    No que atinxe aos estudos de mestrados, neste curso ofértanse 63 titulacións, 13 máis da que se impartían no curso 2017/2018, e completando así un crecemento constante da oferta educativa de posgrao da UVigo. Deles, 38 impártense en Vigo (60%), 13 en Ourense (21%) e 10 en Pontevedra (16%), aos que se suman dous mestrados intercampus, o de Profesorado en Educación Secundaria e o de Avogacía, que se imparten nos tres campus. 

    Entre todos eles para este curso ofertáronse 1.727 prazas de novo ingreso, das que se cubriron 1.358, o que se traduce nunha taxa de ocupación do 79%, porcentaxe que no caso de Pontevedra ascende ao 90% e moi similar á dos cursos pasados (80% hai dous anos e 78% o pasado). Neste tipo de estudos, as mulleres son maioría, representando o 56% das prazas de novo ingreso (762 persoas), fronte ao 44% de homes (596).  

    As titulacións que rexistran unha maior taxa de ocupación son o Máster en Dirección e Innovación da Cadea de Subministración, cun 117%, seguido, cun 100% de prazas cubertas, os mestrados en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural, en Deseño e Dirección Creativa en Moda; en Necesidades Específicas de Apoio Educativo, Dirección de Arte en Publicidade, en Exercicio Terapéutico en Fisioterapia e en Lingüística Aplicada.

    As cifras de novo ingreso de doutoramento, lixeiramente mellores cas do curso pasado

    Respecto da formación de doutoramento, neste curso a UVigo conta con 41 programas, 29 deles en Vigo, 7 en Ourense e 5 en Pontevedra, unha cifra que se mantén sen apenas variacións nos últimos cursos. As prazas de novo ingreso que se ofertaron para o curso actual foron 527 (369 en Vigo, 103 en Ourense e 55 e Pontevedra), cubríndose o 54% delas, con 282 persoas matriculadas, 144 mulleres e 138 homes. Destaca o caso do campus de Pontevedra, onde a porcentaxe ascende ao 91% . Isto débese a que dos cinco programas que se imparten na cidade do Lérez, tres cubriron todas as súas prazas: Creatividade e Innovación Social e Sostible (115% de ocupación), Creación e Investigación en Arte Contemporánea (100%) e Ciencias do Deporte, Educación Física e Actividade Física Saudable (100%). No campus de Ourense, cunha taxe de ocupación do 69%, tamén encheron todas as prazas o Ciencias da Educación e do Comportamento (136%), Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria (104%) e Ciencias Sociais e Envellecemento (100%). No caso de Vigo, a taxa de ocupación xeral do campus é do 44%, pero cinco dos programas acadaron ou superaron o 100% de ocupación: Tradución e Paratradución (140%); Análise Económica e Estratexia Empresarial (113%), Protección do Patrimonio Cultural (113%), Estudos Lingüísticos (100%) e Xeotecnoloxías Aplicadas á Construción, Enerxía e Industria (100%).

    Respecto de anos anteriores, se ben os datos son lixeiramente mellores cos dos curso pasado, nos que se matricularon 279 persoas, a evolución da matrícula nos programas de doutoramento é negativa, pasando dunha taxa de ocupación do 63% en 2017/2018, ao 67% no 2019/2021, ao 55% o curso pasado e o 54% actual.

    O Programa Universitario para Maiores, no camiño de recuperar cifras previas á pandemia

    Aos estudantes de grao, mestrado e doutoramento, hai que sumar tamén as persoas matriculadas no Programa Universitario para Maiores, un total de 493, a maioría delas mulleres (63% do total, 311). Deles, a gran maioría (439) cursan o ciclo intensivo e 54 o integrado. Tras unha baixada importante da matrícula nesta formación para maiores de 55 anos derivada da pandemia, pouco a pouco, as cifras vanse recuperando, pero aínda lles resta un tempo para posicionarse nas previas á covid, cando oscilaban entre as 550 e 650 persoas matriculadas. 

    43

    Tags: UVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    Abierta la preinscripción para los 67 másteres oficiales de la UVigo
    Local

    Abierta la preinscripción para los 67 másteres oficiales de la UVigo

    25 de Jun, 2025
    O Programa de Maiores retoma hoxe en Vigo as súas charlas abertas á cidadanía
    Local

    O Programa de Maiores retoma hoxe en Vigo as súas charlas abertas á cidadanía

    17 de Jun, 2025
    UVigo y Confederación de Empresarios de Pontevedra firman un acuerdo para impulsar la formación a medida
    Economía

    UVigo y Confederación de Empresarios de Pontevedra firman un acuerdo para impulsar la formación a medida

    16 de Jun, 2025
    La UVigo lidera SecrioNet, una red científica nacional para el desarrollo y la colaboración en criobiología
    Local

    La UVigo lidera SecrioNet, una red científica nacional para el desarrollo y la colaboración en criobiología

    11 de Jun, 2025
    Román Rodríguez destaca el talento y la preparación del alumnado de Ingeniería Industrial que se gradúa en la UVigo
    Local

    Román Rodríguez destaca el talento y la preparación del alumnado de Ingeniería Industrial que se gradúa en la UVigo

    10 de Jun, 2025
    La campana (oceanográfica) de la ciudad cumple 12 años conectando el mundo con el mar
    Local

    La campana (oceanográfica) de la ciudad cumple 12 años conectando el mundo con el mar

    07 de Jun, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 3

    59

    44

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La noria concluye su montaje horas antes de empezar las fiestas de Coia: este es el programa de verbenas

    «Caballero no quería fiestas en Vigo ni atracciones de feria porque no tiene medios para revisarlas»

    por Redacción
    24 de Jun, 2025
    0

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    por Redacción
    28 de Jun, 2025
    0

    La noria concluye su montaje horas antes de empezar las fiestas de Coia: este es el programa de verbenas

    Caballero rectifica y trata ahora de salvar la fiesta de Coia

    por Redacción
    27 de Jun, 2025
    0

    Conciertos de Castrelos 2025: se buscan artistas con estos requisitos

    Arranca la venta de entradas para los conciertos de Castrelos: así queda el listado, los precios y lo que cuesta a Vigo

    por Redacción
    27 de Jun, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    45

    MÁS VIGO

    El Camino de Santiago a través de Vigo
    Más Vigo

    El Camino de Santiago a través de Vigo

    Resulta absurdo que la ciudad de Vigo siga siendo la única población donde no existe señalización oficial sobre el Camino...

    por Julio Alonso
    30 de Jun, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo
    Más Vigo

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo

    Hijo del constructor vigués Benito Gómez González, desde niño mostró interés por el trabajo en piedra y la labor de...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Nov, 2015

    LIBROS

    La novela ganadora del Premio Blanco Amor 2024 se presenta en Porriño
    Libros

    La novela ganadora del Premio Blanco Amor 2024 se presenta en Porriño

    La Villa del Louro se prepara para una cita literaria de excepción. Este jueves, 19 de junio, a las 20:00...

    por Redacción
    18 de Jun, 2025

    OPINIÓN

    2022, el año de la unión y movilización enfermera
    Opinión

    De nuestra extra, que no se coman ni un euro

     Por Asunción Maus, secretaria general de SATSE Galicia. Las enfermeras y fisioterapeutas que trabajamos en el Servizo Galego de Saúde...

    por Redacción
    28 de Jun, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR