A renda anual non pode exceder de 3.000 euros por membro da unidade familiar, ademais doutros condicionantes económicos relativos ao patrimonio. Estas bolsas, que se poden solicitar ata o día 23 de outubro, están destinadas ao alumnado de grao e mestrado matriculado no curso 2017-2018 en calquera dos tres campus, ben nun curso completo, ben nun número mínimo de créditos que se recolle na convocatoria segundo a titulación.
A contía total da convocatoria supón un incremento respecto ao curso pasado, na que se destinaron 256.000 euros para estas axudas, o que representa unha subida de case o 10 por cento. Neste curso outorgaranse 560 axudas de 500 euros cada unha e a selección das solicitudes será efectuada por unha comisión formada por alumnado e profesorado que estará presidida pola vicerreitora de Estudantes, Dolores González.
Doutra banda, dende a vicerreitoría subliñan que esta axuda é compatible coa convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2017-18 para estudantes que cursen estudos postobrigratorios, convocadas polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, pero incompatible con outras axudas convocadas para esta mesma finalidade por entidades públicas ou privadas.
A convocatoria recolle que o pagamento da bolsa efectuaras no prazo dun mes a contar dende a publicación da resolución definitiva, unha vez comprobado que a persoa solicitante está ao corrente do pagamento da matrícula.