• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 1 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A Universidade de Vigo lanza a unha nova feira internacional de emprego nos tres campus

    A primeira cita de EmpregoinCampus celebrarase en Vigo o 27 e 28 de abril centrada no ámbito xurídico-empresarial e linguas. Os postos das empresas situaranse nas propias escolas e facultades
    Redacción por Redacción
    22 de Abr, 2022
    en Local
    0
    A Universidade de Vigo lanza a unha nova feira internacional de emprego nos tres campus

    Un foro de emprego anterior da Uvigo. / Foto. DUVI

    A UVigo lanza este curso a I Feira internacional EmpregoinCampus con presenza nos tres campus. O obxectivo é pór en contacto aos titulados e tituladas e aos estudantes dos últimos cursos con empresas colaboradoras que están buscando talento nas aulas universitarias. Serán feiras por ámbitos, nas que se combinará o formato presencial -con postos das empresas e un programa variado de actividades nas diferentes escolas e facultades- co virtual, facilitando tamén a asistencia en liña.

    A primeira cita será no campus de Vigo o vindeiro mércores e xoves nas facultades de Ciencias Económicas e Empresariais e Ciencias Xurídicas e do Traballo e estará centrada na busca de talento no ámbito xurídico-empresarial, linguas e comercio. No campus de Ourense será o 6 de outubro no pavillón universitario e, no caso de Pontevedra, o 27 dese mesmo mes na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. Ademais, o de 20 de outubro celebrarase unha nova edición da feira no campus de Vigo, centrada neste caso no ámbito das ciencias e a biotecnoloxía.

    Retómase a presencialidade

    “Nesta primeira feira participan entidades de distintos sectores pero, como non podía ser doutro xeito, as que teñen máis peso son as do ámbito financeiro e legal, así como tamén da industria manufactureira”, explica a profesora Maruxa Álvarez, responsable da Área de Emprego e Emprendento, ao que engade que o achegamento das tradicionais feiras de emprego ás escolas e facultades é, “sen dúbida”, unha aposta de valor, tendo en conta, sobre todo, que este tipo de actividades “non se restrinxen a entrevistas e entregas de currículos entre candidaturas e entidades, senón que todas as edicións van precedidas dunha xornadas de orientación laboral e estarán complementadas cun programa amplo de obradoiros e seminarios de moitísimo interese tanto para o alumnado actual como para os recén egresados”.

    EmpregoinCampus recolle a testemuña da Feira Internacional de Emprego Universitario Finde.U, cuxa última edición se celebrou en outubro de 2019 reunindo no Instituto Feiral de Vigo máis de medio cento de empresas e medio milleiro de participantes, e de OneJob, a Feira Europea de Emprego para graduados/as en liña, unha aposta pola modalidade virtual derivada da situación sanitaria provocada pola covid-19. “Os obxectivos de EmpregoinCampus son similares, ofrecendo un modelo híbrido entre ambas as dúas”, recoñece Álvarez, quen salienta que a nova feira comparte coa Finde.U o feito de recuperar o carácter presencial e que a entrega dos currículos se fai a través dunha plataforma dixital, e con OneJob a posibilidade de visitar de xeito virtual os postos das empresas. “No caso dos estudantes que non poidan asistir aos centros nos que se desenvolve a feira poderán presentar as súas candidaturas na versión en liña da feira, a través da que poderán visitar os postos virtuais de todas as entidades participantes e gozar de todas as súas vantaxes”, recalcan desde a organización.

    “Achegar as empresas ao campus”

    A responsable da Área de Emprego e Emprendemento fai tamén fincapé en que, dadas as apertadas axendas do alumnado, non sempre lles é doado desprazarse a outras localizacións para asistir a este tipo de actividades, polo que agardan que a aposta por celebrar a feira nas propias instalacións dos campus anime ao alumnado a visitar os postos das empresas e presentar as súas candidaturas. “A maiores, estamos convencidos de que esta é tamén unha excelente forma de achegar as empresas ao campus e de facelas partícipes da vida universitaria”, considera a docente.

    A celebración das feiras de emprego nas propias escolas e facultades non é unha novidade e, de feito, algúns centros contan xa cunha longa experiencia neste sentido. Un exemplo claro disto é o Foro Tecnolóxico de Emprego, organizado desde as delegacións de alumnado das tres escolas de enxeñaría do campus de Vigo, que este ano acadou a súa vixésimo segunda edición. “Esta é unha actividade xa moi asentada e confiamos en que siga organizándose. Pola nosa banda, a idea é apoialos en todo o que poidamos”, apunta Álvarez, explicando así o feito de que en Vigo o ámbito tecnolóxico xa queda cuberto coa celebración deste evento. “Con EmpregoinCampus quixemos achegar o paraugas  da propia institución, involucrándonos na súa organización e facendo partícipes desta accións a todos os centros”, recalca directora da área.

    Actividades formativas

    O programa de actividades formativas, que se prolongará ata o día da clausura,  arranca o vindeiro luns, ás 16.30 horas, coa charla Educación, Economía e Traballo: presente e futuro, impartida polo profesor de Ciencia Política na Universidade de Santiago de Compostela, Miguel Anxo Bastos. A partir de aí celebraranse diferentes obradoiros e seminarios nos que aprender a deseñar e preparar un currículo, oratoria e técnicas de presentación… así como diferentes mesas redondas nas que egresados da propia institución contarán as súas propias experiencias profesionais.

    43

    Tags: EmpleoFeira internacional EmpregoinCampusUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    Abierta la preinscripción para los 67 másteres oficiales de la UVigo
    Local

    Abierta la preinscripción para los 67 másteres oficiales de la UVigo

    25 de Jun, 2025
    O Programa de Maiores retoma hoxe en Vigo as súas charlas abertas á cidadanía
    Local

    O Programa de Maiores retoma hoxe en Vigo as súas charlas abertas á cidadanía

    17 de Jun, 2025
    UVigo y Confederación de Empresarios de Pontevedra firman un acuerdo para impulsar la formación a medida
    Economía

    UVigo y Confederación de Empresarios de Pontevedra firman un acuerdo para impulsar la formación a medida

    16 de Jun, 2025
    La UVigo lidera SecrioNet, una red científica nacional para el desarrollo y la colaboración en criobiología
    Local

    La UVigo lidera SecrioNet, una red científica nacional para el desarrollo y la colaboración en criobiología

    11 de Jun, 2025
    Las playas del Val Miñor, vigiladas por 35 socorristas y 60 voluntarios
    Val Miñor

    Las playas del Val Miñor buscan socorristas

    11 de Jun, 2025
    Román Rodríguez destaca el talento y la preparación del alumnado de Ingeniería Industrial que se gradúa en la UVigo
    Local

    Román Rodríguez destaca el talento y la preparación del alumnado de Ingeniería Industrial que se gradúa en la UVigo

    10 de Jun, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 3

    59

    44

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La noria concluye su montaje horas antes de empezar las fiestas de Coia: este es el programa de verbenas

    «Caballero no quería fiestas en Vigo ni atracciones de feria porque no tiene medios para revisarlas»

    por Redacción
    24 de Jun, 2025
    0

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    por Redacción
    28 de Jun, 2025
    0

    La noria concluye su montaje horas antes de empezar las fiestas de Coia: este es el programa de verbenas

    Caballero rectifica y trata ahora de salvar la fiesta de Coia

    por Redacción
    27 de Jun, 2025
    0

    Conciertos de Castrelos 2025: se buscan artistas con estos requisitos

    Arranca la venta de entradas para los conciertos de Castrelos: así queda el listado, los precios y lo que cuesta a Vigo

    por Redacción
    27 de Jun, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    45

    MÁS VIGO

    El Camino de Santiago a través de Vigo
    Más Vigo

    El Camino de Santiago a través de Vigo

    Resulta absurdo que la ciudad de Vigo siga siendo la única población donde no existe señalización oficial sobre el Camino...

    por Julio Alonso
    30 de Jun, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo
    Más Vigo

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo

    Hijo del constructor vigués Benito Gómez González, desde niño mostró interés por el trabajo en piedra y la labor de...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Nov, 2015

    LIBROS

    La novela ganadora del Premio Blanco Amor 2024 se presenta en Porriño
    Libros

    La novela ganadora del Premio Blanco Amor 2024 se presenta en Porriño

    La Villa del Louro se prepara para una cita literaria de excepción. Este jueves, 19 de junio, a las 20:00...

    por Redacción
    18 de Jun, 2025

    OPINIÓN

    2022, el año de la unión y movilización enfermera
    Opinión

    De nuestra extra, que no se coman ni un euro

     Por Asunción Maus, secretaria general de SATSE Galicia. Las enfermeras y fisioterapeutas que trabajamos en el Servizo Galego de Saúde...

    por Redacción
    28 de Jun, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR