O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou os traballos de humanización que realiza o goberno local en María Berdiales e Manuel Núñez, cun investimento próximo aos 650.000 euros. Asegurou que esta rúa, «no corazón de Vigo», estaba «absolutamente rota, con afundimentos continuos». Xunto á mellora en superficie, Caballero apuntou que se renovará a canalización de auga e o arborado porque é moi alto e non se adapta á rúa que é moi estreita e con pouca luz luz, explicou.
A reforma contempla a renovación das canalizacións de servizos como o abastecemento de auga ou o alumeado público, ademais de dispor de case un quilómetro dunha nova rede de rego. Segundo trasladou Caballero, a humanización contempla 22 novos puntos de luz con iluminación de baixo consumo, 8 axardinamentos, 120 metros lineais de xardineiras e preto de cincuenta novas árbores.
Na mesma visita, Caballero explicou que a rúa Manuel Núñez será peonil, con tráfico reservardo para residentes e con beirarrúas e calzada ao mesmo nivel.