O pleno desenvolveuse baixo o lema «Somos quen de deter a violencia machista» e contou coa participación de todas as asociacións e grupos que constitúen o Consello.
O alcalde iniciou a sesión plenaria recalcando que a muller e a loita contra a violencia machista son un obxectivo transversal do goberno vigués, ao que se atende dende todas as concellerías con axudas que se manterán sempre e emprazou aos outros municipios a dar prioridade ás políticas de axuda ás mulleres que sofren esta violencia, tanto no ámbito laboral como persoal.
O pleno do Consello Municipal da Muller contou cun programa de cinco intervencións que serviron para expoñer distintas problemáticas. Así, Luz Iglesias Herrero de Viúdas Demócratas de Vigo abordou «Os micromachismos», Elena Rodríguez Giráldez, Secretaria da Muller de CC.OO, falou da «Violencia e discapacidade», a secretaria da muller da CIG, Rosa Chantada Abollo tomou a palabra para disertar sobre «A violencia económica»; as «Necesidades e melloras na atención ás vítimas de violencia de xénero» foi o tema que expuxo Rosa Fontaíña Pazos da Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos e a quenda de intervencións pechouna Luisa Ocampo Pereira de Mulheres Nacionalistas Galegas falando das v»Achegas do movemento feminista».