• VigoÉ
  • MAPA de Contagios y Restricciones Vigentes

    Consulta los mapas de contagios y restricciones covid en Galicia.
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    miércoles, 21 de abril de 2021
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A Deputación incrementa a 8,3 millóns as achegas aos municipios da comarca de Vigo co Plan Concellos 2021

    Redacción por Redacción
    04 de Dic, 2020
    en Local
    0
    A Deputación incrementa a 8,3 millóns as achegas aos municipios da comarca de Vigo co Plan Concellos 2021
    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    Os concellos da comarca de Vigo recibirán o próximo ano 2021 case 8,3 millóns de euros do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, o que supón un aumento nos seus investimentos que se reflicte en todos os municipios e se traduce na maior transferencia de recursos da historia da institución provincial. Os números do plan do vindeiro ano, que se incrementan ata os 42,5 millóns, foron presentados este venres pola presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o vicepresidente César Mosquera, e responden a criterios técnicos de poboación, superficie, núcleos e densidade.

    Así, os investimentos do plan provincial na comarca viguesa serán para O Porriño de 1.149.865 euros; Nigrán 1.042.429 euros; Redondela 1.031.803 euros; Gondomar 1.012.093 euros; Mos 1.000.877 euros; Baiona 963.810 euros; Salceda de Caselas 694.904 euros; Soutomaior 573.666 euros; Pazos de Borbén 420.155 euros; e Fornelos de Montes 399.256 euros. O balance dos investimentos, só do Plan Concellos, estes 5 anos na comarca de Vigo ascende a máis de 48 millóns de euros (48.387.070 euros). Os datos foron comunicados hoxe mesmo aos alcaldes e alcaldesas dos 59 concellos da provincia beneficiarios do plan “a fin de que saiban o antes posible as achegas que van recibir para poder incorporalas aos seus respectivos orzamentos”.

    “Trátase do plan estrela da Deputación, do paradigma de respecto da autonomía local e permite que os concellos decidan libremente a que dedicar os recursos” asegurou Silva na presentación. Este ano, “todas as comarcas van recibir máis recursos que o ano anterior e temos moito orgullo ao coñecer que a Deputación, segundo os datos do Ministerio de Facenda, “volve ser a administración que máis transferencias fai aos municipios”.

    En liñas xerais, o Plan Concellos repártese de forma equilibrada, beneficiando máis aos máis pequenos. Os concellos de entre 1 e 10.000 habitantes recibirán no 2021 20.250.000 euros; os de entre 10.001 e 20.000 14.300.000 euros; e os de entre 20.001 e 50.000 habitantes 7.950.000 euros. “Somos moi conscientes do papel que teñen que desenvolver as Deputacións, sobre todo de apoio aos concellos de menos de 20.000 habitantes e, neste eido, imos destinar  a este grupo preto dos 35 millóns de euros”. Amais, os recursos distribúense en tres liñas de financiamento: a liña 1, de investimentos, que para o 2021 estará dotada con 30 millóns de euros; a liña 2 de amortización, pagamento de débedas e gastos correntes que estará dotada con 3.000.000 euros e a liña 3 de fomento do emprego que contará no 2021 con 9.500.000 euros.

    O Plan presenta novidades. Como xa podían facer desde o inicio de pandemia, os concellos poden destinar ata o 30% da cantidade da liña 1 a incrementar o importe das liñas 2 e 3 e facer fronte así ás necesidades derivadas da crise. Esta medida verase complementada agora con outra nova: dáse opción aos concellos a destinar ata o 20% da liña 1, un total de 6 millóns de euros, a establecer un plan de axudas aos sectores máis afectados pola pandemia.

    O vicepresidente César Mosquera subliñou o esforzo da Deputación na axuda aos concellos da provincia salientando que sumado o Plan Concellos (42,5 millóns) e as liñas de actuación (Revitaliza, Ágora, actuacións en vías provinciais…), invístense 75 millóns de euros anuais nos municipios, o que supón o 64% dos recursos provinciais unha vez descontado o capítulo de persoal. “Máis é imposible. Estamos a facer un esforzo máximo e non debe haber deputación que faga algo parecido”, subliñou.

    Mosquera fixo fincapé no seu afán de cohesión territorial, xa que destina proporcionalmente moitos máis cartos por habitante aos concellos de menor poboación. “Hoxe fálase da España baleirada, pero a Deputación leva facendo isto dende o ano 2015, dende antes de que se falara disto”, lembrou. Neste sentido, subliñou que para os municipios de menos de 10.000 habitantes só o Plan Concellos  representa máis dunha cuarta parte do seu orzamento. “O normal é que dispoñan de entre 400 e 500 euros por habitante, e a Deputación achega 117 euros. Nalgúns casos pasa do 30% do orzamento, polo que con eses fondos poden actuar razoablemente” achegando servizos á súa cidadanía, subliñou. 

    Balance 2016-2021: 252 millóns de euros
    “Ningunha administración, nin a estatal, nin a autonómica, ten feito tanto esforzo inversor para que chegaran recursos aos concellos da provincia. Nunca os concellos tiveron tantos recursos á súa disposición, nunca se respectou tanto a súa autonomía local e nunca se fixo un esforzo tan importante por transformar esta provincia” asegurou Carmela Silva ao facer balance do Plan Concellos dos últimos cinco anos. Deste xeito, desde o 2016 achegáronse máis de 252 millóns de euros aos concellos da provincia, dos cales case 117 millóns e medio foron para os de menos de 10.000 habitantes, máis de 82 millóns e medio de euros para os de entre 10.001 e 20.000 habitantes e máis de 52 millóns de euros a aqueles de entre 20.000 e 50.000 habitantes. “Fixemos un esforzo extraordinario, o máis importante da historia desta Deputación, para que os concellos puidesen garantir os dereitos e os servizos”, remarcou Carmela Silva.

    En liñas xerais, dende o 2016 e ata o 2020 os recursos do Plan Concellos fixeron posible a realización de 2.151 actuacións no marco da liña 1, concretamente para vías e sendeiros, actuacións en edificios municipais, abastecemento e saneamentos, cultura, deporte, informática, actuacións en espazos públicos, vehículos e maquinaria, actuacións en alumeados e eficiencia enerxética ou humanizacións e urbanizacións. Pola súa banda, en canto a liña 2 realizáronse ata 1.132 pagamentos de gasto corrente e actividades municipais e a través da liña 3  de emprego puidéronse financiar a creación de 5.199 postos de traballo nos concellos.

    Tags: Deputación de PontevedraPlan Concellos

    RelacionadosArtículos

    Redondela honra a memoria das persoas asasinadas por defender a República
    Redondela

    Redondela honra a memoria das persoas asasinadas por defender a República

    14 de Abr, 2021
    A DEPUTACIÓN APROBA O PROXECTO PARA A MELLORA DA MOBILIDADE PEONIL NO BARRIO DO FERROCARRIL DE ARBO
    Arbo

    Luz verde á mellora da mobilidade peonil no barrio do ferrocarril de Arbo

    11 de Abr, 2021
    Un cruceiro de pedra para Lavadores
    Local

    Un cruceiro de pedra para Lavadores

    07 de Abr, 2021
    A nova biblioteca de Nigrán, na recta final
    Nigrán

    A nova biblioteca de Nigrán, na recta final

    06 de Abr, 2021
    “Rulo”, o bulldog francés maltratado que se recupera tras unha operación de hernia
    Redondela

    “Rulo”, o bulldog francés maltratado que se recupera tras unha operación de hernia

    04 de Abr, 2021
    Novo vehículo pesado de rescate e extinción en altura para o parque de O Porriño
    Porriño

    Novo vehículo pesado de rescate e extinción en altura para o parque de O Porriño

    30 de Mar, 2021

    Más Vistos

    Una mujer de 72 años fallece en Vigo atragantada con un trozo de carne

    Una mujer de 72 años fallece en Vigo atragantada con un trozo de carne

    por Redacción
    18 de Abr, 2021
    0

    bomberos vigo accidente puxeiros rescate heridos

    La mujer fallecida en Puxeiros iba a vacunarse y cambió de sentido en plena AP-9

    por Redacción
    15 de Abr, 2021
    0

    Galicia abre la mano con la hostelería, con condiciones, y retrasa el inicio del toque de queda

    Galicia abre la mano con la hostelería, con condiciones, y retrasa el inicio del toque de queda

    por David Lorenzo
    14 de Abr, 2021
    0

    Terraza hostelería Vigo

    El comité clínico endurece las medidas en Vigo y Ponteareas

    por Redacción
    20 de Abr, 2021
    0

    La receta de BonPollo

    https://www.youtube.com/watch?v=ZNHiTTvhgZ0

    El Sergas achaca la mala evolución de Vigo a «grandes fiestas o reuniones»

    por Redacción
    19 de Abr, 2021
    0
    El Sergas achaca la mala evolución de Vigo a «grandes fiestas o reuniones»
    Covid-19

    "Contaxios a nivel social por grandes festas ou grandes reunións de persoas non conviventes". Esta es la principal razón de...

    Leer mas

    El Celta se posiciona en contra de una Superliga «para los más ricos»

    por Redacción
    19 de Abr, 2021
    0
    El Celta se posiciona en contra de una Superliga «para los más ricos»
    Celta

    El Celta anunció este lunes que suscribe el comunicado oficial emitido por La Liga contra la Superliga europea y en...

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    ¡Bienvenido/a!

    Inicia sesión con los siguientes datos

    Recuperar contraseña

    Recupera tu contraseña

    Introduce tu usuario y correo para resetear tu contraseña.

    Iniciar sesión
    VigoÉ
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado

    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.

    Non-necessary

    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.

    GUARDAR Y ACEPTAR