• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 2 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A Deputación aproba o seu orzamento coa axenda 2030 como folla de ruta e reforzo do investimento público

    A institución provincial incrementa as súas contas ata os 164,5 millóns de euros, un 2,2% máis que en 2020, e cunha solvencia financeira de “débeda cero”
    Redacción por Redacción
    11 de Nov, 2020
    en Local
    0
    A Deputación aproba o seu orzamento coa axenda 2030 como folla de ruta e reforzo do investimento público

    Un orzamento adaptado a unha situación excepcional e envorcado a que o 2021 sexa o ano da reactivación da provincia. Con este obxectivo, o goberno da Deputación de Pontevedra presentou hoxe o proxecto de orzamentos baixo as dúas premisas que trufan todo o documento: a Axenda 2030 e os seus 17 ODS como folla de ruta, e o reforzo do investimento público como ferramenta para dinamizar a actividade económica e a xeración de emprego.

    “Co foco posto nas persoas, nos concellos e na alianza cos axentes sociais”, a presidenta Carmela Silva e o vicepresidente Cesar Mosquera presentaron o orzamento que en 2021 se incrementa ata os 164,5 millóns de euros, un 2,2% máis que este ano, e cunha situación de solvencia financeira que na práctica é de “débeda cero”. De feito, dos 41 millóns de débeda que o goberno se encontrou en 2015, este ano conseguiuse reducila aos 3,9 millóns, e para 2021 a previsión é baixar do millón. O orzamento consolidado (coa Escola de Enfermería e o Consorcio Contra Incendios) é de 168,1 millóns.

    A Axenda 2030 marca de forma transversal o orzamento cun novo plan de traballo Obxectivo Pontevedra Provincia, Alianza Local #17ODS que reforza a política social, a innovación e a dixitalización, a reactivación de sectores estratéxicos como a cultura e o turismo, e o mantemento da igualdade e o medio ambiente como eixos prioritarios. Pola súa banda, o reforzo do investimento público cara á reactivación económica se aplica ao Plan Concellos, a todo o capítulo das infraestruturas e a mobilidade sostible, sectores produtivos, emprendemento e pemes, investigación e innovación, e á loita contra o despoboamento nun equilibrio sustentable do territorio, entre outros obxectivos.

    Para a presidenta Carmela Silva “este é un orzamento que non é unha suma de euros. É un orzamento que ten moi claro que é o que queremos facer nesta provincia: transformala tendo en conta o novo cambio de paradigma que se está a producir no mundo e particularmente na Unión Europea, que nós comezamos xa a implantar no 2016 e agora reforzamos”. “Temos un proxecto ben pensado, ideado e deseñado para facer fronte á situación máis dramática que leva vivido a sociedade nos últimos cen anos – engadiu- e a Deputación ten todo listo para que o 2021 sexa o ano da reactivación da provincia. Faremos o que faga falta”. Pola súa banda, o vicepresidente César Mosquera informou que os orzamentos 2021 poderán superar de largo os 200 millóns de euros cando se incorporen os remanentes deste ano, que superaran os 20 millóns de euros, e tamén a inxección de cartos europeos dos Fondos Comunitarios 21-27 e do Fondo de Reactivación Económica. “A do vindeiro ano vai ser a intervención máis excepcional e potente das que se fixo historicamente nesta casa para a intervención na economía e na sociedade”.

    En canto aos eixos prioritarios do orzamento, na acción cos concellos da provincia, a Deputación volve a ser a administración provincial de todo o estado que máis transferencias realiza aos municipios. Segundo os últimos datos do Ministerio de Facenda, achega un 35,34% dos recursos, duplicando a media do 18,2 do resto das deputacións provinciais. En 2021 as achegas aumentan ata os 61,2 millóns de euros, un 9,68% máis que en 2020, co Plan Concellos como instrumento clave. Mantéñense as condicións de flexibilidade entre liñas, establecidas no marco da pandemia para que os municipios poidan utilizar os recursos da liña 1 de investimentos para a compra de calquera tipo de material que necesiten ou a xeración do emprego. É dicir, até un máximo do 30% do importe asignado a cada concello para a liña 1, poderá destinarse a incrementar os importes das liñas 2 e 3. Amais, habilítase unha nova acción específica a que os concellos poidan destinar  axudas aos sectores afectados pola pandemiaque poderá chegar até o 20 % da liña 1, o que supón mobilizar 6 millóns de euros.

    O reforzo da política social é outro dos eixos do orzamento 2021 cun incremento dun 3% chegando aos 17 millóns de euros. De feito, duplícanse as axudas de emerxencia e o goberno deixa aberta a creación de novas liñas segundo evolucione a crise. No eido do medio ambiente e políticas de sostenibilidade o orzamento presenta un notable aumento de case un 11%, ata os 35,5 millóns de euros, “conscientes de que toda a nosa acción debe pivotar en torno ao respecto e coidado do territorio”. Infraestruturas e mobilidade sustentable; recuperación de espazos públicos; competitividade do sector primario; unha política de residuos exemplo en Europa; transición enerxética; I+D+I en Mouriscade e Areeiro; campañas de acción polo clima e consumo responsable e defensa da protección animal e dos ecosistemas.

    A reactivación cultural, do turismo e do deporte é outra das apostas do orzamento que reforza o investimento nestes sectores estratéxicos. Aumenta un 7,7% ata os 21 millóns de euros. Respecto ás políticas de igualdade, seguirán sendo a sinal de identidade da Deputación cun incremento dun 7,7% respecto a este ano, chegando aos 1,4 millóns de euros en 2021, aínda que os recursos multiplícanse ao longo dos orzamentos de todas as áreas xa que igualdade é un eido transversal en todos os proxectos. En canto á administración provincial, a busca da eficiencia e da innovación reforzarase cun orzamento de 28 millóns de euros, un 3,65% máis que en 2020. A continua modernización de todos os servizos, a extensión da administración electrónica, a progresiva cualificación do persoal, as ofertas de emprego ou o programa TROPOS, no que se está a traballar, son algúns dos obxectivos marcados.

    Amais deste esforzo inversor, o vicepresidente Mosquera informou que xa se esta a elaborar un Plan Estratéxico de captación de Fondos Europeos, baseado nas liñas que marca a nova estratexia como a axenda verde, a axenda urbana, a sustentabilidade, innovación, dixitalización e a aposta polo I+D+I, que xunto aos remanentes, suporá unha inxección de cartos moi importantes para poñer en marcha un Plan Especial para a provincia. “Estase traballando arreo nos proxectos que poidan optar a fondos europeos para telos preparados tan pronto se abran as convocatorias”. Mosquera tamén engadiu que, no caso de ser necesario poñer en marcha programas extraordinarios para dar resposta á actual situación excepcional, a boa saúde económica da Deputación permitirá afrontar créditos. Insistiu, amais, en que as contas seguen na liña de anos anteriores “porque pensamos que é a correcta”, non tendo fondos de libre disposición nin para a presidenta nin para o vicepresidente, e transferindo aos concellos “todo o que se pode e máis” para que sexan eles os que decidan en que o invisten.

    43

    Tags: Deputación de Pontevedra

    RelacionadosArtículos

    Espectáculo de cores en Pontevedra para recibir aos artistas da Bienal
    Arte

    Espectáculo de cores en Pontevedra para recibir aos artistas da Bienal

    21 de Jun, 2025
    A Deputación mobilizará a máis de 1.900 persoas de entidades de 13 concellos no plan +Convivencia
    Comarcas

    A Deputación mobilizará a máis de 1.900 persoas de entidades de 13 concellos no plan +Convivencia

    19 de Jun, 2025
    La humanización de la Rúa da Forca en Salvaterra transforma el espacio público
    Salvaterra de Miño

    La humanización de la Rúa da Forca en Salvaterra transforma el espacio público

    06 de Jun, 2025
    A Deputación convoca as axudas para a promoción do deporte de alto nivel da provincia, dotadas con 405.000 euros
    Comarcas

    A Deputación convoca as axudas para a promoción do deporte de alto nivel da provincia, dotadas con 405.000 euros

    05 de Jun, 2025
    A Deputación reformará toda a contorna da igrexa de Donas
    Gondomar

    A Deputación reformará toda a contorna da igrexa de Donas

    04 de Jun, 2025
    «O Grúfalo» chega a Mondariz Balneario da man da Deputación
    Mondariz

    «O Grúfalo» chega a Mondariz Balneario da man da Deputación

    06 de May, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    59

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La noria concluye su montaje horas antes de empezar las fiestas de Coia: este es el programa de verbenas

    «Caballero no quería fiestas en Vigo ni atracciones de feria porque no tiene medios para revisarlas»

    por Redacción
    24 de Jun, 2025
    0

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    por Redacción
    28 de Jun, 2025
    0

    Despliegue policial en la antigua estación de buses de Vigo por tres menores escondidos

    Caballero veta (también) la reforma de la vieja estación: «Si la Xunta quiere invertir en Vigo tiene infinitas oportunidades»

    por Europa Press
    30 de Jun, 2025
    0

    La noria concluye su montaje horas antes de empezar las fiestas de Coia: este es el programa de verbenas

    Caballero rectifica y trata ahora de salvar la fiesta de Coia

    por Redacción
    27 de Jun, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    45

    MÁS VIGO

    Curioso rincón de la Rúa Príncipe de Vigo
    Más Vigo

    Curioso rincón de la Rúa Príncipe de Vigo

    Este entorno de la Rúa Príncipe, en la ciudad de Vigo, ha sufrido cambios en el contenido de sus locales,...

    por Julio Alonso
    01 de Jul, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo
    Más Vigo

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo

    Hijo del constructor vigués Benito Gómez González, desde niño mostró interés por el trabajo en piedra y la labor de...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Nov, 2015

    LIBROS

    La Feria del Libro de Vigo cita a los mejores autores gallegos y rinde tributo al inolvidable Domingo Villar
    Libros

    La Feria del Libro de Vigo cita a los mejores autores gallegos y rinde tributo al inolvidable Domingo Villar

    La Praza de Compostela se ha convertido este martes en el epicentro de la cultura gallega con la inauguración de...

    por Redacción
    01 de Jul, 2025

    OPINIÓN

    2022, el año de la unión y movilización enfermera
    Opinión

    De nuestra extra, que no se coman ni un euro

     Por Asunción Maus, secretaria general de SATSE Galicia. Las enfermeras y fisioterapeutas que trabajamos en el Servizo Galego de Saúde...

    por Redacción
    28 de Jun, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR