Acompañado polo organizador, José Manuel Suárez, o alcalde Abel Caballero animou a todo Vigo » a subirse á bici para participar nunha iniciativa que promove fomentar o deporte e a vida saúdable, así como propiciar o seu uso como transporte habitual o que tamén contribúe á sostenibilidade do medio ambiente.
O sábado 18 de abril, a partir das 16,30 h, O Castro acollerá unha serie de actividades destiñadas a nenos e maiores como unha exhibición de descenso, freestyle de BMX y sooter, gynkanas, educación vial, rutas BTT, clases para deixar ruedines, clases para adultos para aprender a andar en bicicleta, tándem de la ONCE, bicis eléctricas, entre outras iniciativas.
O domingo, coincidindo co Día Mundial da Bicicleta, organízase unha marcha por toda a cidade, cunha ruta polas principais rúas e apta para toda a familia. A saída será na Porta do Sol, ás 11,00 horas, sendo preciso incribirse na web da asociación: www.agdpvigo.net.
Os dorsais poderán recollerse o sábado 18 entre as 17,00 e as 20,30 h en O Castro e o propio domingo, entre as 9,30 e as 10,45 h, antes do comezo da marcha na Porta do Sol.