‘DepoEmprende na Escola’, que neste curso chega a súa segunda edición, presenta como novidades os proxectos de ‘DepoEmprende na ESO’ e ‘DepoEmprende na FP’. Ao abeiro deste últimos, xa desenvolvéronse as primeiras 6 actividades do curso, que tiveron como escenario o CFEA de Lourizán e o IES Luis Seoane, en Pontevedra; o IES Daniel Castelao en Vigo; o IES Rodeira en Cangas do Morrazo; o IES Johan Carballeira en Bueu, e o EFA A Cancela en As Neves.
Ademais, durante a última semana do mes de outubro, o Centro de Formación e Recursos de Pontevedra acolleu os cursos de formación para os e as docentes que van participar durante este curso en ‘DepoEmprende na Escola’.
O programa “DepoEmprende na Escola” ten como finalidades, ademais do obxectivo xeral, o desenvolvemento de distintas competencias asociadas á comunicación, á análise da contorna física, a creación, a convivencia e a cidadanía ou a alfabetización dixital, entre outras. A comunidade escolar da provincia disporá de, entre outros recursos, un portal educativo en Internet onde se lles ofrecerá información e documentos de apoio cos que reforzar os contidos dos materiais didácticos usados nas aulas, así como poderá facer as súas propias achegas para facilitar a coordinación do proxecto.
A súa metodoloxía sitúa o alumnado no papel de protagonista da súa propia aprendizaxe, xa que se basea nun traballo dende a práctica onde esa aprendizaxe é activa, cooperativa e significativa, onde a relación entre o centro educativo e os feitos acontecidos na súa contorna máis próxima estarán presentes a diario. A materia incluída no programa desenvolverase dun xeito transversal, de modo que o alumnado adquirirá coñecementos en distintas áreas de coñecemento como matemáticas, ciencias, linguaxe, cultura e tamén competencia dixital, social e cívica ou “aprender a aprender”.