Acompañado polo director, Frédéric Puech, o rexedor foi informado dos detalles do proxecto e garantiu todo o apoio municipal. Caballero asegurou que a produción da K9 vai garantir o futuro industrial en Vigo desde «onde se compite co resto do mundo», blindando o emprego a lo menos por unha década, «unha grande noticia para Vigo, para Galicia e para España», insistiu.
Durante a visita pola factoría, Caballero, «comprobou e entendeu» o gran proceso de adaptación da factoría para implantar a fabricación deste modelo. «É un alarde de tecnoloxía, de organización humana, de ser capaces de adaptar a fabricación doutros vehículos coa produción masiva da K9», gabou.
«Visualizamos un proxecto de éxito, sensacional, que aglutina as novas e máximas tecnoloxías e combina á perfección vehículo comercial e familiar», concluíu.