Dende o comité de Bosch, presidido pola CIG, sinalan que aínda non contan con toda a documentación sobre o ERE temporal, pero adiantan a súa intención de impugnalo xa que o consideran innecesario. Neste senso, denuncian que «a empresa ten 98 vacantes, pero négase a recolocar o persoal indefinido se non pasa unha proba de perfís» e critican que toda a repercusión económica da medida vaia recaer nos traballadores.
Ao mesmo tempo, anuncian que no vindeiro mes de marzo convocarán asembleas nos dous centros de traballo de Vigo (avenida de Madrid e María Berdiales, con máis de 2000 empregados) para decidir outras medidas de presión para rexeitar a decisión da empresa. Lembran que ademais do ERTE, a dirección levou a cabo 200 despedimentos entre o persoal de ETT dende o mes de decembro.
O argumento que esgrime a empresa para xustificar a medida é a parda de proxectos derivada dos despidos que vai aplicar Vodafone, compañía que está a deslocalizar traballo para países como Colombia ou Exipto. «O único que xeito que temos de frear esta sangría é que a xente demande atención telefónica en galego», sosteñen.
Precisamente co obxectivo de sumar apoios ás súas reivindicacións, o comité de empresa mantivo unha xuntanza con representantes do grupo parlamentario do BNG, formación que vai preparar unha iniciativa reclamándolle a Bosch a retirada do ERE temporal. Ademais, os representantes de CCOO certificaron o seu rexeitamento ao ERTE despois de reunirse con Yolanda Díaz, deputada de En Marea no Congreso.
.@ServizosCCOO rexeita o ERTE anunciado por Bosch en Vigo e reúne apoios dos partidos políticoshttps://t.co/0xt2PhURAS pic.twitter.com/Ch4mFwOlU9
— S.N. de CCOO Galicia (@ccoogalicia) 25 de febrero de 2019